Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! cumpre 29 anos e difunde o modelo de boas prácticas recoñecido pola UNESCO

Un 29 de marzo de 1995 as escolas das dúas beiras Miño, naquel entón apenas 15, celebraban a inauguración dunha ponte internacional entre Salvaterra e Monção cunha xorna “experimental” de radio escolar. Esta xornada foi realizada intergramente por alumnado de escolas galegas e portuguesas desde dous estudios radiofónicos, o da emisora “Ecos da Raia” de Monção e os estudio escolar instalado na biblioteca da Casa da Cultura de Salvaterra.

Aquelas 13 horas de radio crearon nas comarcas veciñas un impacto que transcendía non só o ámbito escolar senón tamén as fronteiras que se rachaban nas ondas e que a ponte física viña unir. Dende entón, a experiencia de Ponte…nas ondas! foi evolucionando e marcando fitos que xa forman parte da historia de Galicia e de Portugal:

• En 1998, na terceira edición da xornada radifónica, realízase a primeira emisión de radio por Internet.
• En 2001, a experiencia aborda o proxecto educativo da UNESCO “A rota dos escravos” no que participan escolas de África e América.
• En 2004 impulsa a candidatura das tradicións orais galego-portuguesas ás Obras Mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial, a primeira candidatura mundial a UNESCO promovida por centros educativos de dous países.
• En 2014 recibe o premio ONDAS pola mellor cobertura do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) galego-portugués.
• En 2015 a UNESCO acredita a Ponte…nas ondas! como ONG consultora para o PCI, a primeira entidade en Galicia e 3ª en Portugal.
• En 2022 a UNESCO inscribe a Ponte…nas ondas! como “modelo de boas prácticas co PCI”
• En 2023 celebra un congreso internacional sobre PCI e educación co soporte da UNESCO e a Xunta de Galicia inicia a implantación do “modelo PNO!” no sistema educativo.

PRESENTACIÓN EN LISBOA

Unha delegación de PNO! viaxará a Lisboa do 2 ao 3 de maio para presentar o modelo no Centro Galego e no instituto Ginés de los Ríos. Un grupo de alumnado do IES de Salvaterra de Miño realizará un magazine radiovisual conxuntamente con alumnado portugués coa participación de persoas portadoras do PCI e a intervención dunha representación musical galega e portuguesa con convidados como o Cuarteto Caramuxo, a cantante Uxía, João Afonso e António Zambujo.

COA VISTA NO 30 ANIVERSARIO (1995-2025)

A Asociación prepara a celebración no próximo ano do 30 aniversario no que haberá unha participación dos centros educativos que xa forman parte da rede e tamén doutras entidades que veñen colaborando coa experiencia como as universidades, as emisoras de radio e outras institucións como a AECT do Río Miño, o Consello da Cultura Galega, as Deputacións de A Coruña e Pontevedra e a Xunta de Galicia.

O CENTRO DO PATRIMONIO

O edifcio da vella alfândega de Valença do Minho prepárase para acoller un centro de referencia para o patrimonio común galego-portugués e no que a experiencia de Ponte…nas ondas!, impulsora do proxecto, vai ter unha participación destacada para dinamizar o espazo e para convertelo nun punto de encontro para as actividades culturais e educativas de Galicia e do Norte de Portugal.

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas