Ponte... nas Ondas!

REDE DE CENTROS MODELO PONTE…NAS ONDAS !
DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

Que é o modelo PNO! ? 

  • Trátase dunha experiencia que se foi desenvolvendo ao longo de 30 anos a partir de prácticas interescolares coa radio escolar e a comunicación, o patrimonio cultural, as novas tecnolóxías coa súa integración no ámbito educativo. En 2016 a UNESCO acreditou a Ponte…nas ondas! como ONG consultora para o PCI. En 2022, a proposta e Portugal e España, a UNESCO inscribe no Rexistro da boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)  “o modelo Ponte…nas ondas!” de salvaguarda do PCI, a primeira inscrición para Portugal e para Galicia.

Aquí a información: 

https://ich.unesco.org/es/BSP/el-pci-fronterizo-luso-gallego-un-modelo-de-salvaguardia-creado-por-pontenas-ondas-01848

En que consiste ? 

  • Esencialmente responde a este esquema: comunicación (radio), patrimonio cultural inmaterial (PCI) , tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) e educación patrimonial. A integración do PCI nas escolas é o obxectivo principal e o emprego da radio e da comunicación para facelo efectivo é un recurso que favorece a participación activa do alumnado. 

Por que se crea a rede de centros ? 

  • Este “modelo PNO! de boas prácticas co PCI” é unha oportunidade para integrar o PCI galego-portugués como un contido transversal nos proxectos pedagóxicos e fundamentalmente darlle un marco formal ao labor que xa se fai desde os centros educativos, en liña coa Convención de Salvagarda do PCI (2003) que recoñece a transmisión a través da educación formal e non formal como unha medida clave de salvagarda. 

Cales son as vantaxes ? 

  • Os centros “modelo PNO!” son referentes a nivel mundial pois trátase da primeira rede formal que se crea para proporcionar unha integración no sistema educativo e un traballo activo co PCI. 
  • Os centros modelo PNO! reciben formación sobre modelo e tamén obradoiros para o alumnado.
  • Participan nas actividades propostas por Ponte…nas ondas! ao longo do curso escolar como as xornadas de radio interescolares, os certames de recollas do PCI, exposicións itinerantes, producións audiovisuais ou participación en intercambios con escolas de Portugal e da lusofonia. 
  • Representan ao modelo en calquera evento ou congreso onde teñen a oportunidade de mostrar o seu traballo.

GALICIA 

Convocatoria da Consellería de Educación 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41599

  • E aquí os centros de nova incorporación: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45822

PORTUGAL

En Portugal xa foi acreditada a formación do profesorado polo Consello Científico do Ministerio de Educación, Ciencia e Innovación a través dos Centros de Formación do Profesorado, e a formación comezará nos distintos centros. Algunhas escolas xa están a implementar o “modelo PNO!” e levan participando nas actividades de Ponte… nas ondas! desde os seus inicios.

A escolas poden asumir xa o modelo PNO! pois no marco da Autonomía e Flexibilidade Curricular (Orde nº 5908/2017, do 5 de xullo), é posible:

  • a incorporación de proxectos e actividades desenvolvidas na comunidade escolar como parte integrante do currículo;
  • o enriquecemento do currículo mediante a dinamización da Oferta Complementaria, a través da creación de novas materias na educación básica;
  • a oferta de Actividades de Enriquecemento Curricular (AEC) na educación básica, cun carácter eminentemente lúdico, formativo e cultural.

GALICIA

REDE DE CENTROS MODELO PONTE…NAS ONDAS!

CONTINUIDADE (CURSO 2023/24)

PROVINCIA CÓDIGO CENTRO NOME CENTRO
Pontevedra 36020261 IES Plurilingüe Terra de Turonio. GONDOMAR
Pontevedra 36008489 CEP Altamira. SALCEDA DE CASELAS
Pontevedra 36016966 CEP Carlos Casares. SALVATERRA DE MIÑO
Pontevedra 36024781 IES do Barral. PONTEAREAS
Ourense 32016029 CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey. PEREIRO DE AGUIAR
Pontevedra 36020313 IES de PONTE CALDELAS
Pontevedra 36014544 IES Indalecio Pérez Tizón. TUI
Pontevedra 36020337 IES de SALVATERRA DE MIÑO
Pontevedra 36014799 EEI Vila Laura. VIGO
Pontevedra 36024628 IES Pedras Rubias. SALCEDA DE CASELAS
Pontevedra 36002359 IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. A ESTRADA
A Coruña 15026388 IES Plurilingüe Fontexería. MUROS
Pontevedra 36018677 IES Luís Seoane. PONTEVEDRA
Ourense 32004118 CPI Plurilingüe Antonio Faílde.COLES
A Coruña 15006687 IES de Catabois.FERROL
Ourense 32012103 CPI Virxe da Saleta.CEA
Pontevedra 36019441 CEIP de Petelos.MOS
Pontevedra 36006717 IES Sánchez Cantón.PONTEVEDRA
Pontevedra 36016051 CEIP Plurilingüe Seis do Nadal. VIGO

NOVA INCORPORACIÓN (CURSO 2024/25)

PROVINCIA CÓDIGO CENTRO NOME CENTRO
A Coruña 15026406 IES Eduardo Pondal. PONTECESO
A Coruña 15017107 CEIP Plurilingüe da Ramallosa. TEO
A Coruña 15027782 IES Ordes. ORDES
A Coruña 15017041 CEIP Plurilingüe A Igrexa-CALO
A Coruña 15027721 IES Plurilingüe de Ames. AMES
A Coruña 15001926 CPI As Revoltas. CABANA DE BERGANTIÑOS
Pontevedra 36002773 CEIP do Foxo. A ESTRADA
Pontevedra 36011798 IES Alexandre Bóveda. VIGO 
Pontevedra 36020374 IES Valadares. VIGO