Ponte... nas Ondas!

As Bibliotecas Vivas no Verbum

Da man de Xandobela, chega a primeira Biblioteca Vivente : ‘Os Tesouros Vivos’

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Todos somos potenciais Libros e Lectores.

Entre os días 15 e 18 do mes de febreiro desenvolveremos oito sesións na Casa das Palabras-Verbum con mozos/as dos primeiros anos de Secundaria. É a nosa intención pór en contacto á mocidade coa terceira idade (tesouros vivos) para achegarlle coñecementos e experiencias vencelladas co noso patrimonio inmaterial dun xeito eminentemente directo, vivencial e participativo.

Un total de once libros vivos, auténticos depositarios do saber popular e con fondas experiencias vitais, van estar dispoñibles nas distintas estanterías da Biblioteca Vivente no Verbum durante esas catro xornadas, para que os alumnos/as de Secundaria de Vigo (os lectores/as) os consulten e os lean dun xeito enteiramente interactivo. Cada sesión terá unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos, nos que cada rapaz/a consultará tres libros en períodos de vintecinco minutos.

Para a realización do proxecto, contamos tamén coa colaboración da asociación Ponte…nas Ondas!.
+ info:

http://www.xandobela.info/libros&grupo=2

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas