O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. PONTE…NAS ONDAS! e AIRE ( Asociación Internacional de Radios Educativas ) fan un chamamento ás Radios Escolares ( en todas as súas variantes ) e aos centros educativos que traballen con recursos radiofónicos a sumarse ao MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES que será feito público neste mesmo día. Poderá ser apoiado desde esta Web.
Ver ligazón da UNESCO: http://www.unesco.org/new/es/world-radio-day
Como a radio continua evolucionando na era dixital, segue sendo o medio con maior audiencia en todo o mundo. É esencial impulsar o compromiso da UNESCO na promoción da igualdade de xénero e no empoderamento das mulleres. As radios escolares constitúen unha valiosa ferramenta educativa. Celebra o DÍA MUNDIAL DA RADIO. PARTICIPA NO MANIFESTO. CONTACTA.