Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Audrey Azoulay, por ocasión do Día Mundial da Radio no 13 de febreiro de 2018
En 2018, a UNESCO dedica o Día Mundial da Radio ao tema da radiodifusión deportiva.
A radio é un instrumento moi eficaz para transmitir o entusiasmo dos eventos deportivos. É tamén un medio para vehicular valores de ‘fair play’, de traballo de equipo, de igualdade no deporte.
A radio pode axudar no combate contra os estereotipos racistas ou xenófobos que, lamentabelmente, se expresan nos terreos de xogo e fóra deles. Permite cubrir un vasto abano de deportes tradicionais, máis aló dos equipos profesionais. Constitúe unha oportunidade para fomentar a diversidade, como unha forza de diálogo e de tolerancia.
A loita pola igualdade de xénero está no cerne deste esforzo. De acordo co Informe Mundial de Monitorización dos Medía, apoiado pola UNESCO, os medía só dedican 4% do contido deportivo ao deporte feminino. Só o 12% das informacións deportivas son presentadas por mulleres. A UNESCO reclama esforzos para mellorar a cobertura dos deportes femininos, loitar contra a discriminación sexual nas ondas de radio, defender a igualdade de oportunidades nos medía deportivos. A tarefa é inmensa.
Este Día Mundial da Radio, mobilicémonos para facermos da radio un medio cada vez máis independente e pluralista. Unamos as nosas forzas para celebrarmos o potencial da radio deportiva para o desenvolvemento e para a paz.
Audrey Azoulay
DIVULGACIÓN
O Día Mundial da Radio será este ano dedicado ao tema Radio e Deporte, pois a alianza da radio e do deporte representa unha forza para a participación cívica e o desenvolvemento, así como para a celebración de valores de humanidade e de diversidade. Os subtemas serán os seguintes: diversidade na cobertura deportiva, igualdade de xénero na cobertura deportiva e paz e desenvolvemento a través da cobertura deportiva.
As iniciativas desenvolvidas no ámbito do Día Mundial da Radio poden ser rexistradas no website www.worlradioday.org onde tamén poderán ser descargados recursos como logos, banners e jingles.