Ponte... nas Ondas!

Día Mundial da Radio na escola con Ponte…nas Ondas!

As emisoras escolares celebran o evento deste xoves 13 de febreiro onde, como cada ano, se conmemora o Día Mundial da Radio. Ponte…nas Ondas! convidou as escolas a sumárense á celebración baixo a temática proposta pola UNESCO en 2020, que é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, diversidade de xénero, diversidade de idades, nacionalidades, etc. (Máis información sobre as propostas de radio e diversidade na web de PNO: http://pontenasondas.org/ponte-nas-ondas-celebra-a-diversidade/ )

Ponte…nas ondas!, como experiencia de radio interescolar multimedia, propúxolles ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que ofrece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais). O portal “Escolas nas ondas” transmite este 13 de febreiro producións realizadas polas escolas participantes.

Ás portas da celebración do 25 Aniversario de Ponte…nas Ondas!

Recordamos que para conmemorar os 25 anos da Asociación, Ponte…nas Ondas! convida ás emisoras de radio e ás escolas da Eurorrexión a participaren no maratón radiofónico que terá lugar o vindeiro 27 de marzo. O evento principal deste 25 aniversario da innovadora experiencia de radio interescolar e patrimonio inmaterial vaise transmitir en directo a través do portal Escolas nas Ondas e desde as emisoras de radio participantes.

Na xornada está xa confirmada a participación de emisoras de Vigo (desde o campus da Universidade de Vigo), Santiago de Compostela (desde a Facultade de Ciencias da Comunicación) ou Braga (desde a Rádio Universitária do Minho). Numerosas escolas confirmaron tamén a súa participación desde emisoras municipais en vilas como Allariz ou Burela, entre outras. Tamén no Norte de Portugal, desde Chaves a Caminha, son numerosas as emisoras que se van sumar a este evento festivo nas ondas.

Ao longo de 2020 Ponte…nas Ondas! realizará outras actividades, como é unha nova edición do certame de recolla “As imaxes do Patrimonio”, convocatoria xa aberta ás escolas deica o mes de xuño. Ademais, en maio realizarse unha xornada galego-portuguesa de xogos tradicionais.

Cara ao final deste ano de aniversario da pioneira ponte interescolar transfronteiriza, a asociación celebrará o Día Internacional do Patrimonio, con diversas actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués como eixo central. Ademais, durante todo o ano, os centros educativos acollen obradoiros de radio organizados por PNO.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas