Ponte... nas Ondas!

Obradoiros ‘Escolas nas Ondas’: No Colexio Virxe da Luz, en Portomarín

Desta volta, na viaxe a Portomarín o pasado 16 de novembro, houbo a sorte de facer o obradoiro con poucos rapaces e rapazas, o que nos permite moito máis tempo para adicar a cada tema. Estivemos un bo anaco practicando lecturas dramatizadas.

E nótase que unha vez pasado o medo inicial, os alumnos sóltanse….  e anímanse a participar. Practicamente tentando esconder a vergoña nalgún lugar fora da aula. Foron quen de practicar co Audacity, e quedaron pendentes de rematar o podcast ao longo da semana.

Foron moi traballadores e curiosos, anímanse a preguntar, e iso fai ó obradoiro moito máis dinámico. Leveime algunha sorpresa, moi positiva….

Agradecerlle á directora e ao titor, a súa dispoñibilidade, e o seu traballo cos rapaces.  Todo foron facilidades para que os nenos puidesen practicar e traballar neste taller. Lévome un bo recordo de Portomarín, e grandes amigos, aínda que pequenos en idade…

Unha aperta grande para o CEIP Virxe da Luz de Portomarín. Podedes escoitar aquí un exemplo do que fixeron.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas