Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! acreditada pola Unesco como ONG consultora do patrimonio inmaterial

Na 10ª sesión do Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO celebrada en Windhoek ( Namibia ) do 30 de novembro ao 4 de decembro, Ponte…nas ondas! converteuse na primeira entidade galega en ser acreditada como asociación consultora do patrimonio inmaterial. A aprobación definitiva realiarase na próxima asemblea xeral prevista para xuño de 2016.

A Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial recolle no seu artigo 11b que os Estados deberán contar coa participación das Asociacións para a identificación, salvaguarda e definición do patrimonio cultural inmaterial.

Para conseguir a acreditación da UNESCO, as ONGs deberán ter probada competencia, coñecementos especializados e experiencia na salvagarda do patrimonio inmaterial. Ademais, demostrarán ter como mínimo acreditados catros anos de actividades e presentarán unha descrición das experiencias en materia de cooperación coas comunidades, os grupos e os profesionais do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial).

Unha vez presentado o expediente na Secretaría da UNESCO, verifícase toda a documentación e apróbase o seu envío ao Comité Intergobernamental. Este comité somete os expedientes á aprobación e á súa vez, envíaos á Asemblea Xeral que ratifica a conformidade das recomendacións do Comité. O expediente de PNO! foi informado pola Secretaría positivamente, resultou aprobado polo Comité e próximamente será refrendado na seguinte Asemblea Xeral que terá lugar en xuño de 2016.

EQUIPO SOLVENTE

A asociación Ponte…nas ondas! está integrada maioritariamente por profesorado de ensino público ( escolas, institutos e universidades ) de Galiza e do Norte de Portugal. Desde hai 20 anos vén desenvolvendo un labor de transmisión e posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués no ámbito educativo e tamén no cultural cunha importante actividade pública de promoción e recoñecemento deste patrimonio.

Ademais, conta con destacados especialistas no ámbito do patrimonio inmaterial que defenden a existencia do patrimonio común galego-portugués e que veñen realizando tareas de estudo e investigación en diversos eidos relacionados con esta cultura común:

COÑECEDORES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

PNO! foi a asociación promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO, a primeira multinacional nacida a partir de centros educativos. Ademais, contou co consentimento e participación de gran número de comunidades de portadores como as asociacións integradas na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, as comunidades de montes e baldíos de Galiza e do Norte de Portugal, facultades universitarias, concellos, asociacións de artesáns ou de músicos tradicionais…

O patrimonio oral galego-portugués é un referente universal na cultura pois a lírica medieval nacida desde unha tradición oral común é estudada e divulgada en diversas universidades de todo o mundo. Este patrimonio oral mántense vivo na actualidade e presenta unha unidade estrutural que perseverou a pesares da fronteira política establecida polos Estados.

HOMENAXE ÁS PERSOAS E COMUNIDADES PORTADORAS

Precisamente, o 25 de novembro, coincidindo co 10 aniversario da presenza do patrimonio inmaterial galego-portugués na sede da UNESCO en París, Ponte…nas ondas! celebrou a GALA DO PATRIMONIO no Teatro Municipal de Tui. Unha acto de recoñecemento ás persoas anónimas e ás comunidades que manteñen vivo o legado patrimonial a ambos lados da fronteira e que se sinten orgullosas de compartir unha cultura común.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas