Reportaxe televisiva sobre a actividade de Ponte…nas Ondas!
“O 29 de marzo de 1995 nace Ponte… nas Ondas! unindo Salvaterra e Monção, Galicia e o norte de Portugal. Vinte e sete anos despois, Ponte nas Ondas segue máis viva ca nunca sintonizando coas escolas das dúas marxes do río Miño. Esta ponte radiofónica non só une pobos senón tamén xeracións. O proxecto Ponte… nas Ondas! coida do patrimonio cultural inmaterial galego e portugués, un traballo que podería ser recoñecido neste 2022 pola propia Unesco. Viaxamos ata as terras arraianas e ameas para descubrir o funcionamento deste proxecto que aposta pola radio e a unión entre os pobos galego e portugués.”
Alén do vídeo completo en NósTelevisión, aquí un par de pezas peneiradas nas redes de NósTV:
🚙 Acompañamos a Xerardo Feijóo, de @pontenasondas, ata o CEP Carlos Casares de Alxén, no @ConcelloSalvate, e ata o IES de Ames no @ConcelloAmes
🔹 Coa colaboración de ambos municipios e de @SXPL pic.twitter.com/wODFQRimSV
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 10, 2022
"Quen non coñece a Raia, non sabe da nosa forma de vivir. Non vivimos como dous países senón como un único territorio".
Xa está aquí a nosa reportaxe sobre Ponte Nas Ondas
🔹 @SXPL, @ConcelloAmes, @ConcelloSalvate pic.twitter.com/2xLen28bVn
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 12, 2022