Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! 1 modelo para o mundo

  • As escolas portuguesas e galegas están convidadas a celebrar esta proclamación
  • A sesión de inscrición retransmitirase dende Rabat o día 1

A candidatura de Ponte…nas ondas! presentada por Portugal e España ao Rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO obtivo o informe favorable do órgano de avaliación do XVII Comité Intergobernamental da UNESCO e será rexistrada o día 1 en Rabat.

O informe destaca e valora a calidade do expediente presentado e recoñece o traballo realizado por Ponte…na sondas! ao longo destes 27 anos. Por iso recomenda ao Comité que inscriba o modelo Ponte…nas ondas! no citado Rexistro de boas prácticas co PCI.

Esta inscrición será a primeira para Portugal e Galicia e, polo tanto, un exemplo que Portugal e España ofrecerán ao mundo, un modelo que a UNESCO mostrará como referente de bos traballos e boas prácticas.

A Xunta de Galicia xa confirmou que poñerá en marcha Ponte…nas ondas! no seu sistema educativo e mostrou a súa vontade de acordar tamén con Portugal e España a súa implantación. A ministra de Educación e Cultura de España, Pilar Alegría, enviou á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! (ONG acreditada pola UNESCO dende 2015) o apoio do seu ministerio.

O embaixador de España ante a UNESCO, José Manuel Uribes (ex-ministro de Cultura e Deportes) asistiu en Vigo á entrega do premio do certame “As imaxes do patrimonio”, expresou o seu apoio e destacou que Ponte…nas ondas! “é un proxecto perfecto, redondo, en todo o que ten que ver coa filosofía da UNESCO”.

O Parlamento de Galicia aprobou ademais unha declaración institucional de apoio á inscrición de Ponte…nas ondas!

Chamada ás escolas para a celebración da inscrición

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! fai unha solicitude de apoio aos centros educativos portugueses e galegos para celebrar esta proclamación que terá lugar o día 1. Para iso, a asociación ofrece aos centros educativos materiais pedagóxicos que están nos seus sitios web ( www.pontenasondas.org, www.escolasnasondas.com , www.opatrimonio.org, www.meninoscantores.com, www.naponte.com, www.coresdoatlantico.eu ) xunto cos libros-discos editados (Meniños Cantores 1 e 2, Na ponte, Cores do Atlântico).

E suxírense actividades como:

  • Elaboración dun mural: PONTE…NAS ONDAS! 1 MODELO PARA O MUNDO
  • A emisión da peza Máis perto de Meninos Cantores 1 (https://youtu.be/jtUWQ7zA2ME) ou Meniños Cantores 2 (https://youtu.be/65VT3pi3UdM) no recreo pola megafonia ou pola radio da escola (tamén outras músicas dos 2 discos, de Na ponte ou de Cores do Atlântico).
  • A grabación dun programa de radio (podcast) ou vídeo especial sobre Ponte…nas ondas! con intervencións de alumnado e docentes, que pode enviarse ao portal ESCOLAS NAS ONDAS! : contacto@escolasnasondas.com

A cerimonia de proclamación do dia 1 de decembro pode ser seguida na páxina web de Ponte…nas ondas!

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas