Ponte... nas Ondas!

Declaración institucional da Valedora do Pobo en apoio de Ponte… nas ondas!

Comunicado institucional de apoio da Valedora do Pobo, Maria Dolores Fernández Galiño.

O estudantado galego-portugués da raia miñota é un vivo exemplo de convivencia e constancia para manter e facer medrar o legado inmaterial da cultura común. Velaí o seu alento para seguiren a traballar na cultura da paz, da defensa do patrimonio inmaterial que supoñen a lingua, os costumes, as tradicións… e para favoreceren a súa identificación por toda a sociedade mediante a divulgación e a extensión do seu coñecemento. Así o veñen facendo desde os medios de comunicación convencionais e dixitais, sucesivas vagas de estudantado de ambas as beiras que valorizaron o patrimonio compartido e apostaron pola implicación interxeracional na súa conservación e afortalamento.

As fronteiras responden a decisións administrativas e políticas. Superalas é, porén, froito do recoñecemento das coincidencias que irmandan e nos unen. Así o acreditou a UNESCO hai sete anos cando considerou a Ponte… nas ondas! como a única organización non gobernamental galega consultora para o Patrimonio Cultural Inmaterial.

Velaí algunhas das razóns máis salientables polas que desde a institución da Valedora do Pobo cremos nesta proposta que naceu hai xa vinte e sete anos. Razóns polas que expresamos o agradecemento á súa vontade de coidar e proxectar cara ao futuro o noso patrimonio inmaterial cultural compartido.

Daquela, Ponte… nas ondas! é merecente, por dereito propio, de figurar no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da Unesco.

Santiago de Compostela, novembro de 2022

Declaración institucional da Valedora do Pobo en apoio de Ponte nas ondas (.pdf)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas