Desde Ponte…nas ondas! convidámosvos a participar nas actividades que vos adiantamos:
• Congreso internacional EDUCACIÓN + PCI : PONTE ENTRE ESCOLA E SOCIEDADE (20 aniversario da Convención de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO)(achegamos cartel para que difundades. Programa e inscricións na web)
• DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO. 16 de novembro
(Acto de entrega do 6º Certame “As imaxes do patrimonio”. Propomos actos nos centros para conmemorar esta efeméride.
• DÍA MUNDIAL DA RADIO. 13 febreiro. Convidamos a preparar a participación nunha emisión radiofónica en directo.
• 7º CERTAME “AS IMAXES DO PATRIMONIO”. Propomos a participación do alumnado no Certame.
• Produción de podcast e vídeos para o portal ESCOLAS NAS ONDAS
(www.escolasnasondas.com)
• En maio PONTE…A XOGAR! Actividades arredor do xogo tradicional
• PONLLE MÚSICA….ÁS NOSAS MÚSICAS. Colle as cancións de Ponte…nas ondas! e que os alumnos e alumnas canten por riba a mesma letra ou unha adaptación dela.
• RECURSOS do Patrimonio Cultural Inmaterial. Nestas webs tedes exemplos de traballos realizados co patrimonio.
http://pontenasondas.org/certames-de-recolla/
http://patrimoniodefuturo.webs.uvigo.es/concurso-de-recolha/
* Ofertamos obradoiros de radio escolar para o alumnado.
• info: www.pontenasondas.org
• correo e.: pontenasondas@pontenasondas.org