XORNADA DE COMUNICACIÓN MULTIMEDIA
Ponte…nas ondas! é o nome que recibe a xornada de comunicación interescolar que no ano 1995 nacía nas beiras do Miño promovida por centros educativos de ambas marxes.
Desde aquela primeira edición de unha xornada de radio interescolar a experiencia foi evolucionando e adaptándose ás novas tecnoloxías da comunicación que permitiron alongar a ponte a outros territorios que hoxe participan na xornada de comunicación.
A actividade integra o labor dos diferentes niveis de ensino que poden participar anualmente. A Universidade de Vigo realiza a emisión por Internet e ofrece o soporte técnico. Ponte…nas ondas! ofrece aos centros educativos a oportunidade de mostrar os seus traballos de creación audiovisual arredor dun tema proposto en cada edición.
A gran xornada radiovisual de PNO! xuntou con éxito case un cento de escolas de 50 concellos de Galicia e Portugal
Alumnado de ducias de escolas galegas e portuguesas participou nas dez emisións en directo desde Allariz, Caión, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Valença de Minho, Viana do Castelo, Vigo e Vimianzo este venres 24 de abril.
86 centros educativos de 50 concellos de Galicia e Portugal participarán na xornada interescolar de PNO!
Dez lugares da Eurorrexión acollerán a participación do alumnado nunha programación en directo retransmitida desde a web de Ponte...nas ondas!
