Ponte... nas Ondas!

Participa na XVI Ponte

XVI Xornada Multimedia Interescolar 24 horas de programación producida por centros educativos de Galiza, Portugal e Sudamérica.

Goza da programación ao vivo a través da emisión de televisión en directo desde as 10.00 hs.

Propostas para traballar nos centros:

* Seguir a programación nunha pantalla con son e imaxe a través da web de Ponte…nas ondas!

* Seguir a programación nos ordenadores do centro.

* Participar nos seguintes concursos durante todo o día:

1. CAL É O TESOURO DOS TEUS AVÓS ? * Sorteo de premios para cada texto ( máximo 100 palabras ).
2. ENVÍANOS O DEBUXO DOS TEUS AVÓS * Sorteo de premios para cada debuxo.
3. A FOTO MÁIS ANTIGA DOS TEUS AVÓS * Sorteo de premios para cada foto enviada ( con nome, apelidos e concello )
4. A FRASE OU EXPRESIÓN QUE MÁIS CHE GUSTA DOS TEUS AVÓS * Sorteo de premios ás mellores frases
5. DINOS O QUE CHE GUSTARÍA HERDAR DOS TEUS AVÓS Herdarás un tesouro…de Ponte…nas ondas!

NOTA: Para enviar as fotografías e os debuxos é preciso estar rexistrado na web. AQUI. Se eres mestre/mestra podes subir todas as fotos dos alumnos dende a mesma conta de usuario.

ADEMAIS Achéganos o Tesouro Humano Vivo que coñezas na túa zona. Envíanos esta ficha ao noso enderezo electrónico pontenasondas@pontenasondas.org ou a información que desexes por correo postal:
Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
Rúa Rosalía de Castro, 67
36450 Salvaterra de Miño
Pontevedra (España)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas