Ponte... nas Ondas!

A experiencia de PNO! protagonista na última xornada do ‘VIII Foro Cultura e Ruralidades’

O Ministerio de Cultura seleccionou a Ponte… nas Ondas! para formar parte deste foro, celebrado en Estella-Lizarra (Navarra).

Santiago Veloso estivo este xoves 12 de xuño na mesa de proxectos “Arte, patrimonio e educación” do VIII Foro Cultura e Ruralidades, onde detallou para o público e expertos asistentes, o traballo de tres décadas da comunidade educativa de PNO! a difundir, preservar e valorizar o Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e Portugal, a través da dinamización de programas radiofónicos, actividades e proxectos desenvolvidos, quer en contextos educativos, quer en contextos informais, xunto das comunidades portadoras, incluído o recoñecemento pola UNESCO como “Modelo de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”.

O evento, incluíndo debates, presentacións de proxectos, charlas, obradoiros e actuacións artísticas, transcorreu toda a semana baixo o lema ‘Polifonías. A diversidade cultural do territorio’, explorou especialmente nesa edición a riqueza da diversidade cultural no mundo rural desde múltiples perspectivas, co obxectivo de debuxar unha mirada aberta e plural para repensar o presente e proxectar o futuro do rural.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Foliada Agora Cantamos Nós!
Baner Modelo PNO!

Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas