Ponte... nas Ondas!

A experiencia de PNO! protagonista na última xornada do ‘VIII Foro Cultura e Ruralidades’

O Ministerio de Cultura seleccionou a Ponte… nas Ondas! para formar parte deste foro, celebrado en Estella-Lizarra (Navarra).

Santiago Veloso estivo este xoves 12 de xuño na mesa de proxectos “Arte, patrimonio e educación” do VIII Foro Cultura e Ruralidades, onde detallou para o público e expertos asistentes, o traballo de tres décadas da comunidade educativa de PNO! a difundir, preservar e valorizar o Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e Portugal, a través da dinamización de programas radiofónicos, actividades e proxectos desenvolvidos, quer en contextos educativos, quer en contextos informais, xunto das comunidades portadoras, incluído o recoñecemento pola UNESCO como «Modelo de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)».

O evento, incluíndo debates, presentacións de proxectos, charlas, obradoiros e actuacións artísticas, transcorreu toda a semana baixo o lema ‘Polifonías. A diversidade cultural do territorio’, explorou especialmente nesa edición a riqueza da diversidade cultural no mundo rural desde múltiples perspectivas, co obxectivo de debuxar unha mirada aberta e plural para repensar o presente e proxectar o futuro do rural.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí


Baner Modelo PNO!
PNO! 9º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas