Ponte... nas Ondas!

Alumnado de ducias de escolas galegas e portuguesas participa en nove emisións en directo para celebrar o 30 aniversario de PNO!

• Valença do Minho e Lisboa, en Portugal, e Allariz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vimianzo en Galicia, son os nove puntos de emisión en directo programados para este mércores 26 de marzo.
• Preto de 70 centros educativos participarán directamente na programación, que incluirá múltiples convidados/as e conexións con radios profesionais.
• A RTP e a RNE únense á festa de aniversario na programación especial desde Valença.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! (PNO!) prepárase para celebrar o seu 30 aniversario desde diferentes puntos de Galicia e norte de Portugal. A asociación, que é ONG consultora de patrimonio inmaterial para a UNESCO, reuniu a case 70 centros educativos galegos e portugueses nesta gran festa, que terá nove puntos de emisión en directo e na que participará alumnado de tres etapas formativas: primaria, secundaria e universitaria.

Valença do Minho (Alfândega) e Lisboa (Instituto Ginés de los Ríos), en Portugal, e en Galicia: Allariz (Radio Allariz), a Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Ourense (Auditorio Marie Curie da Facultade de Educación), Pontevedra (Pazo da Cultura), Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Comunicación), Vigo (Auditorio do Ed. Miralles). Son os nove puntos desde o que se emitirá unha programación especial de catro horas en directo. Unha retransmisión “radiovisual” que poderá seguirse este mércores 26 de marzo en directo desde a web (www.pontenasondas.org) e o portal Escolas nas ondas (www.escolasnasondas.com).

Alén do alumnado e docentes participante, en toda a programación haberá unha ampla e diversa participación de portadores do patrimonio cultural inmaterial, desde redeiras, alfareiros, contadores, regueifeiros…que serán entrevistados e realizarán en directo demostración dos seus saberes.

Ademais, artistas galegos e portugueses participarán tamén en directo con actuacións e entrevistas. Estrearanse composicións expresamente elaboradas para este 30 aniversario. E xornalistas de diversos medios enviarán testemuños de apoio á experiencia de comunicación.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas