Ponte... nas Ondas!

As escolas celebraron con Ponte…nas Ondas! o Día Mundial da Radio

O alumnado do CEIP Plurilingüe Peña de Francia de Mos participou durante a xornada deste Día Mundial da Radio en diversas actividades relacionadas co medio ao que a Unesco lle adica cada ano esta efeméride o día 13 de febreiro. Ponte… nas Ondas! leva tempo impartindo obradoiros para a introdución da radio nas escolas. O éxito dos obradoiros, totalmente lúdicos e prácticos, deixa sentadas as bases para que, co entusiasmo do alumnado e o interese dos profesores e profesoras, o éxito da Radio Escolar estea asegurado.

A sinxeleza técnica das instalacións que se precisan así coma os custes moderados de adquisición dos aparellos necesarios para pola en marcha fan que esta técnica sexa moi interesante para as escolas porque conecta dereitamente cos intereses do alumnado ao traballar coas tecnoloxías de comunicación. O potencial do medio radiofónico no medio educativo unido ademais ás posibilidades das novas tecnoloxías, facilita que a través de internet as escolas se abran ao mundo que as rodea.

Xornada sobre a diversidade en Escolas nas Ondas

Durante a mesma xornada, a través do portal Escolas nas Ondas publicouse unha ampla mostra do traballo que moitos centros educativos realizaron, fundamentalmente arredor do tema proposto: a diversidade, para celebrar a efeméride. Así por exemplo, escolas como o o IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, achegaron unha entrevista cunha representante da asociación de diversidade “Nós mesmas” e emitiron a opinión do alumnado sobre a película galega “O que arde”. Desde o IES Terra de Turonio falouse de diferentes tipos de diversidade, a diversidade cultural, a lingüística, a biodiversidade etc. Noutro dos programas, desde Ferrolterra, o colectivo ASCM achegou un interesante traballo centrado en testemuños de mulleres con discapacidade en distintos eidos. Por outro lado, proxectouse tamén un vídeo arredor do proxecto María Fumaça, «Música por un mundo máis xusto e sen barreiras».

Resumo do Día Mundial da Radio 2020 en Escolas nas Ondas

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Día Internacional do Patrimonio Inmaterial 2024
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas