Ponte... nas Ondas!

As ondas do património chegan a Lisboa

Ponte… nas Ondas! presenta o seu modelo en Lisboa o 2 e 3 de maio.

Unha delegación de alumnos, profesores e músicos galegos uniranse a outra representación homóloga en Lisboa para presentar o modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial (PCI) que a UNESCO inscribiu en decembro de 2022 a proposta de Portugal e España. Haberá dúas emisións (a través da web www.pontenasondas.org), unha desde o Instituto Español de Lisboa Giner de los Ríos, o xoves 2 de maio ás 11.30 hs. e o venres 3 de maio no Centro Galego ás 18.00 hs.

No Instituto Español de Lisboa “Giner de los Ríos”

O xoves 2 maio os estudantes do IES de Salvaterra de Miño, co português como segunda lingua no seu instituto, xuntaranse co alumnado do Instituto Ginér de los Rios para realizar o “radiovisual”: “Ponte…nas ondas! 1 modelo de boas prácticas co PCI”

Contarán coa participación de convidados para a emisión como a Consejera de Educación da embaixada de España en Lisboa, o director/a do Instituto Español, a profesora e pianista Carmen Losada, a investigadora Xulia Feijoo, o Cuarteto Caramuxo, o artista Luiz Caracol e a cantante Uxía.

Carmen Losada, ourensá, é filóloga, pianista e profesora no centro lisboeta. Ademais de contar a súa experiencia na cidade falará do ensino da música e do patrimonio cultural que une a galegos e portugueses.

Xulia Feixoo é etnomusicóloga e investigadora da música tradicional, ten un vínculo moi estreito coas persoas portadoras do patrimonio musical e será entrevistada polo alumnado para que divulgue o traballo que está a desenvolver agora mesmo en Aveiro.

O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan a música tradicional galega dende una óptica contemporánea na que se mesturan unhas composicións elaboradas cunha grande delicadeza e cheas de connotacións a todo tipo de estilos musicais, unha instrumentación sorprendente nun grupo de música folk e unha coidada posta en escena derivada da súa experiencia en espectáculos teatrais.

Luiz Caracol é un cantautor cunha identidade propia froito da influencia urbana entre a cidade de Lisboa, onde vive, e o vínculo cultural que sempre tivo con varios países de lingua portuguesa.

En 2013 editou o seu primeiro álbum “Devagar”, onde contou con convidados como Fernanda Abreu, Valete, Sara Tavares, Mia Couto, Zeca Baleiro e Jorge Drexler. Ten participado en festivais en Galicia, na festas do Apóstolo ou no Cantos na maré.

Uxía é a artista galega con maior proxección no mundo da lusofonía. Ela considérase unha madriña de Ponte…nas ondas! e en boa parte ten contribuído a crear o modelo que se presenta en Lisboa. É a autora do tema Máis perto, en colaboración con Segundo Grandío, que xa é considerado un himno para Ponte…nas ondas! publicado no disco Meniños Cantores en 2005 e reinterpretado para o Meniños cantores 2 en 2021:
https://youtu.be/65VT3pi3UdM?si=DJpYBrraJV0_U_Fm

Tamén participou como compositora e intérprete no videoclip de homenaxe a Ponte…nas ondas! pola inscrición na UNESCO como modelo de boas prácticas co PCI:
https://youtu.be/w9DwcAi4DiY?si=Gl897J_5b5b2aBBr

NO CENTRO GALEGO DE LISBOA CON NOVOS CONVIDADOS

A sesión do Centro Galego de Lisboa é aberta ao público xeral e está prevista a asistencia do embaixador de España en Lisboa e a participación do director do centro Xesús Bescos.

No programa radiovisual haberá unha representación da emigración galega a Lisboa e será entrevistado Graciano Espinheira, de Barciademera, o creador da popular bebida “ginginha”. A súa família foi para Lisboa a mediados do século XIX e o seu bisavó fundou a empresa veio para Lisboa em meados do século XIX. O seu bisavô, Francisco Espinheira Cousiño, forma a empresa da cal é xa a cuarta xeración. Neste momento o seu fillo máis vello encóntrase á frente do negocio da Ginginha. O lugar onde se sirve a popular bebida xa é mencionado como un lugar.

Roberto, Paula, Ales e Zulema conforman o grupo de pandereita Ghalderios do Centro Galego de Lisboa e contarán o seu labor de transmisión da música galega tradicional, ademais interpretarán algunhas músicas.

O radiovisual rematará cun concerto musical a cargo do grupo Caramuxo, de Luiz Caracol, de Paulo Marinho, o grupo Ghalferios e Uxía.

Paulo Marinho naceu en Lisboa, é instrumentista, profesor, investigador, divulgador, compositor e construtor. Dedícase ao mundo da gaita tal vez pola orixe da súa familia paterna en Valença do Minho.

En 1983 integrou o grupo musical “Sétima Legião” e no ano seguinte o grupo de danzas e cantares Anaquiños da Terra da Xuventude da Galiza – Centro Galego de Lisboa. En 1992 foi un dos fundadores do grupo musical “Gaiteiros de Lisboa”. En 1999 foi un dos fundadores da “APEDGF – Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita de Foles”.

Para a celebrar o X aniversario de Ponte…nas ondas! os Gaiteiros de Lisboa e o grupo Treixadura gravaron en 2004 o videoclip “A chula da póvoa/Nosa señora da Guía” incluído no disco-libro Na ponte (2012)

https://youtu.be/HyaUvp-pNB8?si=29ptkLkTKkoY9c_4

As actividades relizadas en Lisboa contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, do IE de Lisboa e do Centro Galego de Lisboa.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas