O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral no ano 2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo.
Dado que a nosa asociación leva traballando no mundo da radio, na súa vertente escolar, dende o ano 1995, sumámonos a esta efeméride e propomos que as escolas celebren esta data para difundir así o modelo de Ponte…nas ondas! recoñecido pola UNESCO: educación, comunicación e patrimonio.
Xa que logo, a A.C.P Ponte…nas ondas convoca a todos os centros educativos da eurorrexión a conmemorar a 12ª edición do Día Mundial da Radio o 13 de febreiro do 2023
Propomos ás escolas e institutos as seguintes actividades:
• Acudir a radios municipais ou profesionais do entorno para realizar dende alí un programa en directo.
• Realización de podcasts sobre calquer apartado do Patrimonio Cultural.
• Realización de podcast sobre o tema proposto pola UNESCO para este ano 2023: “Radio e paz”
• Realización dun podcast de presentación da Radio da escola ou instituto describindo a súa actividade, os seus recursos e as súas realizacións.
Os traballos deben enviarse antes do día 9 de febreiro a: web@escolasnasondas.com
*Non é necesario enviar o arquivo, podedes enviar a ligazón ao podcast do servizo onde subades (Ivoox, Soundcloud, etc)
O día 13 de febreiro emitiranse todos os podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués.