Dez lugares da Eurorrexión acollerán a participación do alumnado nunha programación en directo retransmitida desde a web de Ponte…nas ondas!
Neste ano no que o modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial foi o exemplo escollido pola UNESCO para futura plataforma das boas prácticas que será presentada no mes de decembro en Xiamén (China), serán 10 os lugares desde onde se realice a emisión da xornada.
• Auditorio de Caión (A Laracha)
• Auditorio de Vimianzo
• Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela)
• Auditorio do Vello Cárcere (Lugo)
• Auditorio Marie Curie (Ourense)
• Radio Municipal de Allariz
• Auditorio Miralles (Universidade de Vigo)
• Auditorio IES Luis Seoane (Pontevedra)
• Auditorio A.E. Muralhas do Minho (Valença do Minho)
• Auditorio Museu Artes Decorativas (Viana do Castelo)
A RADIO DE BEGOÑA
Ademais, as escolas renderán homenaxe á autora das letras galegas, Begoña Caamaño, xornalista radiofónica que inspira ao alumnado participante na experiencia de Ponte…nas ondas!
A educación, o patrimonio, a comunicación e as tecnoloxias son os núcleos do “modelo Ponte…nas ondas!” que foi inscrito no Rexistro das boas prácticas da UNESCO a proposta de Portugal e España en 2022, a primeira inscrición para Portugal e para Galiza.
• Resumo da edición do pasado ano:
https://youtu.be/ZNIa8-1lcoE?si=5Hjorx_V8l21tNxQ
• Presentación en Nova Delhi do piloto da futura plataforma da UNESCO:
https://youtu.be/Zp73bEhRl7I?si=M2TtMvDRr7ObsFQ2

