Convidados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia dentro do programa “A Radio na Biblio” estanse a impartir obradoiros de Radio escolar co gallo de estender por todo o país esta práctica que tan bos resultados pedagóxicos está a dar.
A sinxeleza técnica das instalación que se precisan así coma os custes moderados de adquisición dos aparellos necesarios para pola en marcha fan que esta técnica sexa moi interesante para as escolas porque conecta dereitamente cos intereses do alumnado ao traballar coas tecnoloxías de comunicación. Se engadimos que internet potencia as posibilidades deste medio porque fai posible que as emisións cheguen a todos os recunchos do mundo comprenderemos que a existencia dunha radio escolar posibilitará a apertura das nosas escolas ao mundo que as rodea.
O éxito dos obradoiros, totalmente lúdicos e prácticos, fai que os resultados sexan óptimos porque se deixan sentadas as bases para que, co entusiasmo do alumnado e o interese dos profesores e profesoras, o éxito da Radio Escolar estea asegurado.