REDE DE CENTROS MODELO PONTE…NAS ONDAS !
DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL
Que é o modelo PNO! ?
- Trátase dunha experiencia que se foi desenvolvendo ao longo de 30 anos a partir de prácticas interescolares coa radio escolar e a comunicación, o patrimonio cultural, as novas tecnolóxías coa súa integración no ámbito educativo. En 2016 a UNESCO acreditou a Ponte…nas ondas! como ONG consultora para o PCI. En 2022, a proposta e Portugal e España, a UNESCO inscribe no Rexistro da boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) “o modelo Ponte…nas ondas!” de salvaguarda do PCI, a primeira inscrición para Portugal e para Galicia.
Aquí a información:
En que consiste ?
- Esencialmente responde a este esquema: comunicación (radio), patrimonio cultural inmaterial (PCI) , tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) e educación patrimonial. A integración do PCI nas escolas é o obxectivo principal e o emprego da radio e da comunicación para facelo efectivo é un recurso que favorece a participación activa do alumnado.
Por que se crea a rede de centros ?
- Este “modelo PNO! de boas prácticas co PCI” é unha oportunidade para integrar o PCI galego-portugués como un contido transversal nos proxectos pedagóxicos e fundamentalmente darlle un marco formal ao labor que xa se fai desde os centros educativos, en liña coa Convención de Salvagarda do PCI (2003) que recoñece a transmisión a través da educación formal e non formal como unha medida clave de salvagarda.
Cales son as vantaxes ?
- Os centros “modelo PNO!” son referentes a nivel mundial pois trátase da primeira rede formal que se crea para proporcionar unha integración no sistema educativo e un traballo activo co PCI.
- Os centros modelo PNO! reciben formación sobre modelo e tamén obradoiros para o alumnado.
- Participan nas actividades propostas por Ponte…nas ondas! ao longo do curso escolar como as xornadas de radio interescolares, os certames de recollas do PCI, exposicións itinerantes, producións audiovisuais ou participación en intercambios con escolas de Portugal e da lusofonia.
- Representan ao modelo en calquera evento ou congreso onde teñen a oportunidade de mostrar o seu traballo.
GALICIA
Convocatoria da Consellería de Educación
- A Consellería de Educación convoca anualmente desde o curso 2023/24 aos centros educativos a formar parte desta Rede de Centros e establece unhas medidas de apoio ao profesorado relativas á formación e tamén dotación económica para os centros para reforzas as actividades do modelo PNO!
- https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85082/xunta-abre-prazo-para-que-centros-incorporen-suas-aulas-modelo-educacion-patrimonial
- Aquí está a primeira convocatoria:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41599
- E aquí os centros de nova incorporación:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45822
PORTUGAL
En Portugal xa foi acreditada a formación do profesorado polo Consello Científico do Ministerio de Educación, Ciencia e Innovación a través dos Centros de Formación do Profesorado, e a formación comezará nos distintos centros. Algunhas escolas xa están a implementar o “modelo PNO!” e levan participando nas actividades de Ponte… nas ondas! desde os seus inicios.
A escolas poden asumir xa o modelo PNO! pois no marco da Autonomía e Flexibilidade Curricular (Orde nº 5908/2017, do 5 de xullo), é posible:
- a incorporación de proxectos e actividades desenvolvidas na comunidade escolar como parte integrante do currículo;
- o enriquecemento do currículo mediante a dinamización da Oferta Complementaria, a través da creación de novas materias na educación básica;
- a oferta de Actividades de Enriquecemento Curricular (AEC) na educación básica, cun carácter eminentemente lúdico, formativo e cultural.
GALICIA
REDE DE CENTROS MODELO PONTE…NAS ONDAS!
CONTINUIDADE (CURSO 2023/24)
PROVINCIA | CÓDIGO CENTRO | NOME CENTRO |
Pontevedra | 36020261 | IES Plurilingüe Terra de Turonio. GONDOMAR |
Pontevedra | 36008489 | CEP Altamira. SALCEDA DE CASELAS |
Pontevedra | 36016966 | CEP Carlos Casares. SALVATERRA DE MIÑO |
Pontevedra | 36024781 | IES do Barral. PONTEAREAS |
Ourense | 32016029 | CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey. PEREIRO DE AGUIAR |
Pontevedra | 36020313 | IES de PONTE CALDELAS |
Pontevedra | 36014544 | IES Indalecio Pérez Tizón. TUI |
Pontevedra | 36020337 | IES de SALVATERRA DE MIÑO |
Pontevedra | 36014799 | EEI Vila Laura. VIGO |
Pontevedra | 36024628 | IES Pedras Rubias. SALCEDA DE CASELAS |
Pontevedra | 36002359 | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. A ESTRADA |
A Coruña | 15026388 | IES Plurilingüe Fontexería. MUROS |
Pontevedra | 36018677 | IES Luís Seoane. PONTEVEDRA |
Ourense | 32004118 | CPI Plurilingüe Antonio Faílde.COLES |
A Coruña | 15006687 | IES de Catabois.FERROL |
Ourense | 32012103 | CPI Virxe da Saleta.CEA |
Pontevedra | 36019441 | CEIP de Petelos.MOS |
Pontevedra | 36006717 | IES Sánchez Cantón.PONTEVEDRA |
Pontevedra | 36016051 | CEIP Plurilingüe Seis do Nadal. VIGO |
NOVA INCORPORACIÓN (CURSO 2024/25)
PROVINCIA | CÓDIGO CENTRO | NOME CENTRO |
A Coruña | 15026406 | IES Eduardo Pondal. PONTECESO |
A Coruña | 15017107 | CEIP Plurilingüe da Ramallosa. TEO |
A Coruña | 15027782 | IES Ordes. ORDES |
A Coruña | 15017041 | CEIP Plurilingüe A Igrexa-CALO |
A Coruña | 15027721 | IES Plurilingüe de Ames. AMES |
A Coruña | 15001926 | CPI As Revoltas. CABANA DE BERGANTIÑOS |
Pontevedra | 36002773 | CEIP do Foxo. A ESTRADA |
Pontevedra | 36011798 | IES Alexandre Bóveda. VIGO |
Pontevedra | 36020374 | IES Valadares. VIGO |