Ponte... nas Ondas!

O director Rubén Riós convida o proxecto PNO! a participar no film ‘Máis Vivas’

  • Este novo proxecto formado por un documental e unha longametraxe nace co obxectivo de cruzar as barreiras das emocións e das historias que o envolven, para trasladarlle a unha parte da nosa sociedade que exclúe por descoñecemento, unha dobre realidade fortemente golpeada pola pandemia, a soidade e a violencia xénero.
  • O cineasta convida o alumnado galego e portugués a participar na rodaxe do programa PONTE…NAS ONDAS! nesta súa seguinte produción realizada con 15 mulleres vítimas de violencia de xénero pertencentes ao rural galego e portugués.
  • Riós asiste este martes 21 de xuño ao IES San Paio de Tui co fin de presentarlle a experiencia ao alumnado do centro ligado ao Agrupamento de Valença que participaron na rodaxe na Ribeira Sacra.

O martes 21 de xuño, o director e actor de cine, Rubén Riós, interveu no IES San Paio de Tui na presentación da experiencia do alumnado de Ponte…nas ondas! enmarcado dentro do seu novo traballo audiovisual, actualmente en produción, MÁIS VIVAS. O cineasta ofrecerá un coloquio ao alumnado no que tomará o audiovisual como ferramenta de inclusión para os grupos en vulnerabilidade e/ou exclusión social.

O actor e director decantouse polo alumnado de Ponte…nas ondas! pola súa traxectoria no diálogo interxeracional de cara a coñecer a visión do alumnado e da súa perspectiva da violencia nas aulas a través dos dous idiomas veciños.

Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística este traballo recolle a intervención destes xoves galego-portugueses a través da súa participación na rodaxe desenvolta na Ribeira Sacra, nos concellos de A Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil, de cara a promover e incentivar a difusión do noso idioma de do país veciño a través da nosa xuventude por medio proxectos de gran relevancia para a nosa sociedade.

MÁIS VIVAS aborda a problemática da violencia sobre a muller rural galega e portuguesa a través do método que o director desenvolveu no seu anterior traballo “Máis ca vida” no que o cine se emprega como unha ferramenta de inclusión social e laboral para colectivos vulnerables. O alumnado de secundaria realizou labores de gravación e documentación e mantivo entrevistas coas mulleres protagonistas do documental.

Imaxe: www.instagram.com/rubenriosoficial/

Durante a xornada do martes 21 o actor participou co alumnado nunha entrevista na Radio Municipal de Tui para presentar o proxecto. Rubén Riós presentou os seus útil¡mos traballos audiovisuais establecendo co alumnado un debate sobre as cuestións sociais máis candentes: diversidade funcional, bulling nos centros escolares, violencia de xénero… Ao longo da charla Rubén subliñou o agradecemento á asociación Ponte…nas ondas! pola colaboración mantida con el e a súa produtora para realizar o documental Máis Vivas desprazando ao set de gravación seis rapaces e rapazas procedentes de institutos de Tui e Valença do Minho que manifestaron neste acto, e así llo comentaron aos compañeiros e compañeiras, que fora unha experiencia inenarrable e que os marcara profundamente tanto o contacto coa realización cinematográfica como a relación que estableceron coas protagonistas que eran mulleres galegas e portuguesas vítimas de violencia de xénero.

Preme nas imaxes para abrir a galería:

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas