Ponte... nas Ondas!

Obradoiro “Falamos nas Ondas!

Unha iniciativa de Ponte…nas ondas ! para a difusión do “modelo Ponte…nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial” coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Proxecto piloto desenvolto en 8 centros educativos da provincia de Pontevedra:

1. CEIP Petelos – Mos
2. CEIP Seis do Nadal – Vigo
3. CEP Altamira – Salceda de Caselas
4. IES San Paio – Tui
5. IES do Barral – Ponteareas
6. IES Terra do Turonio – Gondomar
7. IES Luis Seoane – Pontevedra
8. IES de Salvaterra – Salvaterra de Miño

Unha sesión práctica co alumnado para realizar a gravación dun podcast en directo.

Un obradoiro para traballar coas voces do patrimonio inmaterial.

Ponte…nas ondas! achega as expresións do patrimonio e o traballo coa edición de radio e podcast aos centros educativos.

Unha sesión práctica para que o alumnado realice gravacións e podcasts da man de dous profesionais da locución e da música: Damián Alonso e Pancho Álvarez

Narración oral + Música + Canto + expresión oral + radio + podcast

Un grupo de alumnado prepara o guión e a organización dun programa de radio e podcast con contidos preparados por eles. Practican e aprenden a gravar un podcast en directo da man de Damián Alonso.

Outro grupo prepara con Pancho Álvarez as músicas que van interpretar en directo na gravación do podcast, con instrumentos e voces.

Os dous grupos xúntanse e gravan o podcast con posibilidade de público durante a gravación.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas