Ponte... nas Ondas!

Obradoiros de radio de PNO! para escolas e institutos

Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org

OBRADOIROS “ ESCOLAS NAS ONDAS”

Unha sesión práctica de radio escolar para alumnado de todas as idades

Trabállase a radio desde a oralidade (dicción, locución, proxección e interpretación). Gravación e edición de audio. Preparación de podcast e aloxamento en plataformas dixitais.

Montaxe dunha emisora no centro, instalación básica. Elaboración dun programa de radio, deseño e tiploxía de programas, guión técnico e narrativo, escaleta, temas e músicas.

Opción de facer dúas sesións durante unha mañá para 2 grupos de alumnado

OBRADOIROS “O PATRIMONIO NAS ONDAS”

Un percorrido co patrimonio musical galego-portugués para todas as idades e espazos. Conta cunha exposición de instrumentos de corda históricos que poden ser manipulados e interpretados polo alumnado.

O formato será o dun magazine radiofónico conducido por alumnos/as que farán unha presentación e terán guionizada toda a sesión onde se contemplan as intervencións en directo de Pancho Álvarez, a emisión de gravacións e a proxección de vídeos e carteis, ademais da participación de alumnado.

A partir da presentación inicial, os condutores do programa irán preguntándolle a Pancho Álvarez polo proxecto “O patrimonio nas ondas” baseado no seu traballo “Cordas históricas”. Pancho Álvarez comezará presentado os diversos instrumentos relativos a diferentes períodos históricos.

A partir de aí faise un percorrido musical por diferentes etapas históricas con interpretacións de Pancho Álvarez e alumnado voluntario.

Radio

  • audio e vídeo), facemos un “radiovisual”
  • Participación do alumnado na condución do programa

Patrimonio

  • Mostra de instrumentos históricos de corda
  • Pancho Álvarez interpreta unha variada selección de temas do repertorio tradicional galego-portugués

Música

  • Interpretación do repertorio de melodías tradicionais en Galicia e Portugal
  • Opción á participación de alumnado con Pancho Álvarez como acompañante

Canto

  • Pancho Álvarez interpreta temas da tradición oral
  • Posibilidade de acompañamento de cantadeiras do centro acompañando a Pancho Álvarez

Máis información no pdf ‘O patrimonio nas ondas. Re-transmitindo o patrimonio’

Vídeo demo: https://www.youtube.com/watch?v=sElhsMSBhIY

OBRADOIRO “FALAMOS NAS ONDAS”

Unha sesión práctica co alumnado para realizar a gravación dun podcast en directo. Máximo 30 alumnos/as.

Un grupo de alumnado prepara o guión e a organización do podcast com contidos preparados por eles. Practican e aprenden a gravar un podcast en directo da man de Damián.

Outro grupo prepara com Pancho as músicas que van interpretar en directo na gravación do podcast, com instrumentos e voces.

Os dous grupos xúntanse e gravan o podcast com posibilidade de público durante a gravación.

Duración aproximada: 3 horas.

PNO! leva o equipo técnico para realizar a gravación

Ponte en contacto coa asociación no enderezo: ondas@pontenasondas.org

4 COMMENTS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Baner Modelo PNO! Así foi o evento do 30 aniversario de PNO! PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas