Ponte... nas Ondas!

Ponte de Patrimonio

16 de Novembro – Día Internacional do Patrimonio. Gala do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Ponte…nas ondas! celebra o Día Internacional do Patrimonio cunha gala que pon remate ás actividades do Outono do patrimonio que comezaron o 17 de outubro co primeiro día dedicado ao Patrimonio Cultural Inmaterial pola UNESCO no que se desenvolveron actividades en Ourense, Santiago de Compostela e Valença do Minho.

PONTE…DE PATRIMONIO é un espectáculo que integra diversas expresións do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués: o teatro, a narración oral, a música, o baile e as danzas. A entrada é libre até completar aforo.

ISABEL RISCO
Actriz, clown e pedagoga teatral, Isabel Risco formouse con mestres coma Eric de Bont, Jango Edwards, John Wright, Leo Bassi, Serge Nail, Kirko Koski, Alfredo Rodríguez, Tom Greder, Claudia Contín, Ángel Burgos, Sophie Gazel, Carlo Colombaioni, Pablo Muñoz, Johns Pappila, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso… Ademais de estar sobradamente preparada, leva varios lustros levando á práctica a súa vis cómica sobre as táboas ou diante das cámaras. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os Sete Magníficos máis Un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, Era visto, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En pé de festa, Zapping comando, Máxima audiencia, Land Rober ou Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van ás présas, Onde está a felicidade? Ou 9 Ondas.

CELSO SANMARTÍN
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou dez anos na residencia da terceira idade de Lalín. É narrador oral, recolledor e reinventor de historias, contos e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea. Participou durante un tempo no Luar da TVG e colaborou en Grial. É promotor de FoCuCu (Foro de Cultivos Culturais). É poeta e autor de varios libros:
•Divagacións iú. (1991)
•O tigre das cenorias (1994).
•Propiamente son captivo (1997).
•Fucsia, talladas, estampados, boca (2001).
•Gratas e boas novas (2011).
•Ten (2011).
•Dúas caras atentas (2013).
•A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez (2018).
•A cousa eterna (2023).

CHULADA DA PONTE VELHA
A Chulada da Ponte Velha e um projeto resultado do interesse de verios musicos em retomar e fundir as preticas musicais do passado com o presente, em especial as chulas dos descantes do Douro. O uso de bombos, de ferrinhos, de violas populares como a braguesa e a amarantina, da rabeca chuleira e do violao ponteado, caracterizam o som desta banda. Em 2020 lancou o CD “Sempre a Ramaldar”.

Musicos
Paulo Silva: Percussges
Napoleao Ribeiro: viola amarantina e gaita-de-fole
Rafael Gomes: violao e viola braguesa
Nuno Dias: rabeca chuleira e gaita-de-fole
Pedro Almeida: percussges e flautas

AILÁ
Ailá é un grupo de música de Santiago de Compostela, gañador dos premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional.

Seleccionado para representar a Galiza no WOMEX 2023, a maior feira de industrias musicais do mundo; unha das propostas galegas escollidas para oStand de Galiza no FITUR 2024, encontro global para os profesionais do turismo; Seleccionado para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 e grupo da selección oficial do Festival Interceltique de Lorient 2023 e selección oficial do Celtic Connections de Glasgow 2020.

Ailá emerxe das máxicas foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos e, sobre todo, coa ilusión e curiosidade de todo aquel que ama o que fai.

Ailá é un dos representantes máis novos do Tradi, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida, un xeito de estar no mundo.

Compoñentes:
Ángela Carou: voz e percusións
Manuele Pardo: voz, percusións e gaita
Manuela Fraguela: zanfona
Xan Pampín: acordeón e bombo

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas