Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! felicita a nova ministra de Cultura do Brasil, Margareth Menezes

• A artista baiana realizou unha composición para o XV aniversario de Ponte…nas ondas!
• En 2010 participou no disco-libro Cores do Atlántico e actuou no concerto de presentación na illa de San Simón.
• O seu apoio foi un dos que amparou a candidatura de Ponte…nas ondas! ás boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial da UNESCO.

Margareth Menezes en concerto con Socorro Lira e Uxía

Ponte…nas ondas ! felicita e celebra o nomeamento de Margareth Menezes como nova Ministra de Cultura do Brasil. A artista tomou posesión do seu cargo o día 1 de xaneiro en Brasilia e será unha das figuras máis populares do novo goberno de Lula da Silva.

Margareth Menezes é unha das artistas que mostrou o seu apoio a experiencia de Ponte…nas ondas! xunto a outros intérpretes brasileiros como Chico César, Daniela Mercury ou Lenine a través de unha colaboración musical.
En concreto, a actual ministra de cultura interpretou “Portugaliza” no XV aniversario da Asociación baixo o lema “O patrimonio dos tesouros vivos”.

http://pontenasondas.org/xv-edicion-xornada-multimedia-pno-2009-o-patrimonio-dos-tesouros-vivos/

Videoclip: https://youtu.be/PeYqmVW_sNw

Margareth Menezes en Cores do Atlántico

A ministra de cultura colaborou co proxecto Cores do Atlántico, da artista brasileira Socorro Lira e a profesora neerlandesa Ria Lemaire Mertens, promovido por Ponte…nas ondas! Foi presentado no marco do congreso internacional “Pontes de cultura, pontes de futuro” celebrado en Vigo e Melgaço do 23 ao 25 de abril de 2010. Un proxecto transdisciplinar coas cantigas de amigo galego-portuguesas que incluíu a gravación dun disco con artistas de diversos lugares da lusofonía e a edición dun libro. No disco participou Margareth Menezes interpretando unha das 15 cantigas de amigo, a cantiga atribuída ao trobador Airas Nunes, “Bailemos nós já todas, ai amigas”.

Videoclip: https://youtu.be/z3Y32kMp1zI

No concerto de presentación na illa de San Simón, Margareth Menezes interpretou tamén outras cantigas como a Martin Códax “Ondas do mar de Vigo”. ( concerto completo: www.coresdoatlantico.eu)

En 2014, a editora Latus da Universidade de Paraíba publicou o libro-disco para todo o Brasil. Esta edición permite ao público brasileiro coñecer un patrimonio común con Galiza e Portugal.
+ info:
https://quilombonoroeste.wordpress.com/2016/08/10/cores-do-atlantico-livro-disco-galego-portugues-agora-no-brasil/

Sobre Ponte…nas ondas!

A visita a Galiza en 2010 de Margaret Menezes permitiulle a artista coñecer a Ria de Vigo e participar nos ensaios do concerto de Cores de Atlántico xunto con outras artistas e músicos como Socorro Lira de Brasil, Uxía de Galiza ou João Afonso de Portugal. A Maga visitou a cidade de Vigo e Arcade e tamén viaxou a Santiago de Compostela. Coñeceu de preto a experiencia de Ponte…nas ondas! e manifestou que era unha experiencia que favorece a comunicación e a lingua. Cando recibiu o convite para elaborar unha composición para o seu 15 aniversario confesou que deu un mergullo na irmandade do portugués, na orixe e xurdiu unha canción que conta esa historia da Galiza, de Portugal, da Baía. Eses elementos están dentro da composición que fixo “con moito cariño” para Ponte…nas ondas! e que titulou “Portugaliza”.

Margaret Menezes considerou que o proxecto Ponte…nas ondas! é moi importante e que precisa cada vez máis abrir a súa participación a máis escolas, universidades e a persoas que poidan ter acceso. Segundo Margareth Menezes, o proprio nome do proxecto é “belísimo, muito inspirador, bacana”. Este apoio foi incluído no dossier da candidatura de Ponte…nas ondas! ao rexistro das boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial e que foi inscrita o 1 decembro de 2022 en Rabat. O vídeo, xunto com outros apoios, pode verse no rexistro da UNESCO:
https://ich.unesco.org/en/7c-register-01283#7.c.4

Margareth Menezes sobre Ponte…nas ondas!:

https://youtu.be/vfUMKHC6xRA

Fotografías da Maga en Galiza:

https://flic.kr/s/aHBqjAmxhd

Ponte…nas ondas! e o Brasil:

http://pontenasondas.org/ponte-no-brasil/?lang=pt-pt

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas