Ponte... nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! presenta en Madrid o seu modelo de boas prácticas co patrimonio

O modelo de boas prácticas con patrimonio cultural inmaterial recoñecido pola UNESCO a proposta de España e Portugal poderá verse presencialmente no auditorio do museo.

Cartel elaborado por Lara Lars

Unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazarase a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología para mostrar o modelo desenvolvido por Ponte…nas ondas! (PNO!) que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no pasado mes de decembro en Rabat.

O acto terá lugar no Auditorio do museo o sábado 28 de outubro ás 12.00 hs. da mañá e para asistir presencialmente é necesario reservar a través do e-mail: reservas.mna@cultura.gob.es

O programa mostrará ao público a fórmula de Ponte…nas Ondas!: educación+comunicación+patrimonio+tics e nel participará alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! anteriormente.

Alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas serán as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participará un grupo de música tradicional de 7 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e cavaquiños) que interpretarán temas do repertorio tradicional galego-portugués.

A artista e ilustradora Lara Lars participa coa realización dun cartel para o acto e será entrevistada para que conte a su experiencia coa radio escolar no seu centro participante en PNO! e as súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.

O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, levará ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto “Cordas históricas” e interpretará en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa. Pancho Álvarez acompaña actualmente a formación de Carlos Núñez e é un gran coñecedor da música de tradición oral. Ten realizado un disco e un documental de Florencio, o cego de Os Vilares, que está a presentar por diversos lugares.

O realizador Roi Grandío será o encargado da gravación dunha peza audiovisual e tamén contará o seu paso por Ponte…nas ondas! como alumno en secundaria. Tamén será entrevistado polas alumnas o director do museo, Fernando Sáez Lara, quen fará un percorrido pola traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 e cerca xa do seu 150 aniversario.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas