Ponte... nas Ondas!

Ponte… nas Ondas! presenta o seu modelo en Madrid

O modelo de boas prácticas con patrimonio cultural inmaterial recoñecido pola UNESCO a proposta de España e Portugal puido verse presencialmente no auditorio do museo e seguirse a través da web de Ponte…nas ondas!

Unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazouse a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología para mostrar o modelo desenvolvido por Ponte…nas ondas! (PNO!) e que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no pasado mes de decembro en Rabat.
O acto desenvolveuse no espazo central do museo o sábado 28 desde as 11.30 hs ata as 13.00 hs.

O programa mostrou ao público a fórmula de Ponte…nas ondas!: educación+comunicación+patrimonio+tics e nel participou alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! anteriormente.

As alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, Alejandra, Ainhoa e Lúa foron as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participaron no programa o grupo de música tradicional de 6 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e oukelele) que interpretaron temas do repertorio tradicional galego-portugués xunto co profesor de música e o director do centro.

A artista e ilustradora Lara Lars realizou un cartel para o acto e foi entrevistada polas alumnas de Salceda de Caselas, o seu concello. Falou da experiencia coa radio escolar no seu centro que participaba en PNO! e das súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.

O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, levou ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto “Cordas históricas” e interpretou en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa. Pancho Álvarez destacou a importancia do patrimonio inmaterial como fonte de inspiración artística e a necesidade de transmitilo ás novas xeracións. Falou da figura de Florencio, o cego de Os Vilares, un músico tradicional do que ten recuperado o seu repertorio e do que xa editou un disco e actualmete está a presentar un documental sobre él.

O realizador Roi Grandío, tamén participante en Ponte…nas ondas” como alumno, foi o encargado da gravación de vídeo e da edición da peza audiovisual.

Rubén Figueroa, do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, encargouse da emisión por streaming a través da web de Ponte…nas ondas!

Tamén foi entrevistado polas locutoras o director do museo, Fernando Saez Lara, quen falou da traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 y cerca xa do seu 150 aniversario.

IMAXES DO ACTO:
https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/albums/72177720312383137

VÍDEOS
https://youtu.be/RdWVNoRVeO4?si=pIvXE7WAv7kk3DrW (Resumo:13´:00)

https://youtu.be/RhYJeef7AkY?si=oZvAN_nI12nQCNK7 (síntese: 0:54”)

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas