Ponte… nas Ondas! presenta o seu modelo en Madrid

O modelo de boas prácticas con patrimonio cultural inmaterial recoñecido pola UNESCO a proposta de España e Portugal puido verse presencialmente no auditorio do museo e seguirse a través da web de Ponte…nas ondas!

Unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazouse a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología para mostrar o modelo desenvolvido por Ponte…nas ondas! (PNO!) e que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no pasado mes de decembro en Rabat.
O acto desenvolveuse no espazo central do museo o sábado 28 desde as 11.30 hs ata as 13.00 hs.

O programa mostrou ao público a fórmula de Ponte…nas ondas!: educación+comunicación+patrimonio+tics e nel participou alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! anteriormente.

As alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, Alejandra, Ainhoa e Lúa foron as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participaron no programa o grupo de música tradicional de 6 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e oukelele) que interpretaron temas do repertorio tradicional galego-portugués xunto co profesor de música e o director do centro.

A artista e ilustradora Lara Lars realizou un cartel para o acto e foi entrevistada polas alumnas de Salceda de Caselas, o seu concello. Falou da experiencia coa radio escolar no seu centro que participaba en PNO! e das súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.

O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, levou ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto «Cordas históricas» e interpretou en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa. Pancho Álvarez destacou a importancia do patrimonio inmaterial como fonte de inspiración artística e a necesidade de transmitilo ás novas xeracións. Falou da figura de Florencio, o cego de Os Vilares, un músico tradicional do que ten recuperado o seu repertorio e do que xa editou un disco e actualmete está a presentar un documental sobre él.

O realizador Roi Grandío, tamén participante en Ponte…nas ondas” como alumno, foi o encargado da gravación de vídeo e da edición da peza audiovisual.

Rubén Figueroa, do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, encargouse da emisión por streaming a través da web de Ponte…nas ondas!

Tamén foi entrevistado polas locutoras o director do museo, Fernando Saez Lara, quen falou da traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 y cerca xa do seu 150 aniversario.

IMAXES DO ACTO:
https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/albums/72177720312383137

VÍDEOS
https://youtu.be/RdWVNoRVeO4?si=pIvXE7WAv7kk3DrW (Resumo:13´:00)

https://youtu.be/RhYJeef7AkY?si=oZvAN_nI12nQCNK7 (síntese: 0:54”)

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here