Ponte... nas Ondas!

Premio Boa Práctica Educativa Iberoamericana

En marzo de 2013, o ministerio español de Educación, a través do Centro Virtual Leer.es, outorgoulle a Ponte…nas ondas! a distinción “Selo de Boa Práctica Iberoamericana Leer.es”, no apartado de traballos e experiencias de colaboración entre centros.

“Selo de Boa Práctica Iberoamericana Leer.es”

O equipo do Ministerio felicitou a Ponte…nas ondas! polo traballo e o labor que está a desenvolver e a todo o profesorado e alumnado que contribúe a crear unha enorme rede de boas prácticas.

O Centro Virtual LEER.es, dedicado á lectura como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe, decidiu impulsar o selo de “Buena práctica Iberoamericana Leer.es” para recoñecer as propostas didácticas de todo o ámbito latinoamericano que contribúen, nas súas respectivas línguas oficiais, a desenvolver a competencia en comunicación linguística, empregando as TICs como ferramenta indispensábel e a Rede para a súa difusión. Segundo isto, valóranse as experiencias realizadas en calquera área de aprendizaxe que integren todas as alfabetizacións (lectora, dixital, mediática) a través dunha variedade de textos en distintos soportes (impreso, dixital e audiovisual).

Para a concesión do selo de a comisión tivo en conta:

  • A calidade da experiencia relacionada co desenvolvemento da competencia en comunicación linguística.
  • A aportación do fomento da lectura e a escritura para entender, interpretar e avaliar textos en diferentes soportes empregando as TICs e a Rede como ferramentas de aprendizaxe e difusión.
  • A calidade da experiencia na súa orixinalidade e creatividade, ao explorar enfoques innovadores adecuados ao contexto no que se desenvolve, e transferible a outros entornos e países da comunidade Iberoamericana.