Secundaria – Finalistas 2023

6

6

Alumna: Laura Siabas Bua – 4 ESO B

Escola: IES Plurilingüe Fontexería

Texto:

O inolvidable día de reis

Esta fotografía foi tomada o 6 de xaneiro de 1963. Nela, están todos os meus tíos por parte de nai: Mari, Paca, Peleriño, Elvira e Fran. Este lugar é na Praza do Mercado, no centro de Muros. A casa que aparece por detrás é a casa de miña avoa Carmen. Ela tivo seis fillos, aínda que na imaxe non aparece miña nai porque ela aínda non nacera cando se tomou a foto.

Na imaxe podemos observar unha gran cantidade de xoguetes, era o día de Reis. Miña tía Elvira (a rapaza que sostén a boneca), narrou ese día como “inolvidable”. Aquela madrugada de xaneiro, o primeiro en levantarse foi meu tío Peleriño (o rapaz que está na bicicleta), baixou ata a primeira planta con velocidade e alí atopou unha chea de agasallos. Acto seguido, chamou berrando aos seus irmáns para que se levantasen, e non solo conseguiu espertar a eles, senón que a toda a casa. Os rapaces baixaron correndo e viron o salón cheo de agasallos, unha escena que xamais esquecerán. Entón, os meus tíos unha vez que abriron os seus agasallos saíron a fora a xogar con eles; uns coas bonecas, outros xogaron ás raquetas… Horas despois, o meu avó chamounos para comer. Pero antes de entrar, a miña tía Paca (a rapaza que está sentada na silla) ocorréuselle a idea de sacar unha foto para nunca esquecer aquel memorable día. A continuación, pedíronlle a unha veciña que tomase a fotografía, e así fixo. Aquel día xamais foi esquecido por ningún dos meus tíos.

38

38

Alumna: Rafaela Gomes Teles – 8º B

Escola: Escola Básica e Secundaria de Sobreira

Texto:

No álbum da minha família encontrei esta fotografia em que se vê duas alunas na Escola Primária de Casconha, e uma dela é a minha avó materna. Nessa altura, ela tinha 10 anos (1964) e estava na entrada da sala de aulas com um gato no colo. Acho interessante a forma como elas se vestiam naquela altura, em especial as meias com ligas por cima do joelho, e o lenço sobre a cabeça.

Ela e as outras alunas prepararam uma surpresa para a Professora, D. Maria do Céu, fazendo-lhe uma homenagem, isto porque era o dia de aniversário dela. A receção foi feita com a presença das alunas com as mascotes da escola: um gato e uma cadela. Ambos os animais não tinham dono. O gato apareceu na escola e ficou por lá. A cadela havia fugido de um incêndio e procurou abrigo na escola, então as alunas apelidaram-na de “Aflita”. Também fizeram a receção com um tapete de flores, à entrada da sala de aula. Foram colhidas as flores mais bonitas, encontradas por elas nos campos agrícolas. Foi um gesto simples, mas de grande significado (quer para a Professora, quer para as alunas), pois, estender um tapete de flores a alguém é um ato muito nobre, mesmo nos dias de hoje.

A Professora gostava muito de animais e incentivava sempre as alunas a cuidarem deles. Este foi um dos valores que marcaram as meninas para sempre. Ainda hoje, na casa da minha avó, existem muitos animais de companhia.

69

69

Escola: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

Alumna: Martina González Rodríguez – 1º ESO C

Texto:

EN O CARBALLIÑO AS MULLERES SI SABEN DAR MALLEIRAS!

Esta fotografía foi tirada en Santa María de Arcos, en O Carballiño (Ourense) no ano 1940.

Nela aparecen as polbeiras de Arcos mazando polbos para máis tarde secalos e así poder conservalos ata o día da feira.

A que está de xeonllos collendo dunha ola un polbo é a miña bisavoa Sira.

Con esta tradición tan típica de O Carballiño continuou logo o seu fillo, o meu avó parterno, e na actualidade, o meu pai.

Está claro que, se por tradición é, a min non me vai tocar outra que ser polbeira!

83 e 84

83

84

Aluno: João Castro Rodrigues, 3.º Ciclo (8.º ano)

Escola: Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato (Guimarães)

Texto:

Prova de amor

Nesta foto pode ver-se a minha avó, Laura Freitas. Esta fotografia tem uma história bonita por trás. Foi tirada em 1969, para ser enviada como prova de amor, da minha avó para o meu avô. Nesta foto a minha avó tinha 18 anos. Como antigamente se dizia, ela servia em casa de “Senhores”, que eram famílias abastadas. Nesta altura encontrava-se no Porto.

Era hábito trocar correspondência com a sua casa de família, mas também com a pessoa que mais tarde viria a casar. Esta foto é testemunho disso, foi enviada por carta ao seu namorado para que não se esquecesse dela, como “prova de amor” como refere no verso da foto. O meu avô, durante muito tempo trazia esta foto na sua carteira, por isso se encontra com as margens danificadas.

Esta foto retrata também a forma como as mulheres antigamente se vestiam e se cuidavam. Cabelo arrumado, blusa de longas abas, com um fio de ouro ao peito e brincos embelezando, já de si, a beleza natural de um rosto também natural. Roupa com padrões de flores, que eram muito apreciados nesta época, e as meninas procuravam sempre conjugar os seus acessórios com as roupas que usavam. Apesar da foto ser a preto e branco, torna-a ainda mais bonita, porque conseguimos apreciar a beleza natural da pessoa retratada, sem distrações da cor.

88

88

Aluna: Matilde Martins Freitas, 3.º Ciclo (8.º ano)

Escola: Agrupamento de Escolas do Vale de São Torcato (Guimarães)

Texto:

Duas fotografias diminuem a distância

Na fotografia do lado esquerdo, tirada em agosto de 1967, está o meu avô. Ele estava no acampamento militar de Mamarrosa, em Angola, cujo símbolo se vê junto dele. Esse acampamento ficava na fronteira de S. Salvador e, mais ao lado havia outro acampamento chamado Magina. O meu avô foi enviado para a guerra colonial ou do ultramar em fevereiro de 1967 e voltou dois anos depois para Portugal.

Na fotografia do lado direito, está a minha avó, na freguesia de S. Cosme, concelho de Guimarães. A fotografia foi tirada na casa da minha bisavó, com quem a minha avó estava, uma vez que o seu marido estava em Angola, na guerra colonial.

A fotografia do meu avô foi enviada para a minha avó e, algum tempo depois, a minha avó enviou a sua para o meu avô, já que estavam tão longe um do outro! Enviaram as fotografias para não se esquecerem um do outro e mostrar que estavam bem de saúde! Mesmo assim, a minha avó viveu tempos de grande ansiedade, esperando notícias do marido, que só regressou dois anos mais tarde.

Ainda hoje, como se pode confirmar na entrevista que lhe fiz, a minha avó se emociona ao lembrar-se desse tempo em que as saudades do marido apertavam, assim como o receio de o perder!

O meu avô também tinha medo de nunca mais voltar a ver a sua querida esposa… felizmente, voltou e bem! E, depois de tanto tempo, continuam casados e com saúde!

Podcast 1: https://go.ivoox.com/rf/110441038

Podcast 2: https://go.ivoox.com/rf/110441096

93

93

Alumna: Castro González, Vera

Escola: IES de Curtis

Texto:

Na fotografía aparece o meu bisavó, Ramón Andrés, e o seu irmán, Eduardo. A imaxe foi tomada en 1939, durante a guerra, en Lérida. Curiosamente, cada un loitaba en bandos distintos sen sabelo, pois vivían separados. Conseguiron xuntarse grazas á familia, que lles avisaron por carta de que estaban no mesmo lugar. Pola parte de atrás do retrato hai un texto escrito a man que di o seguinte: “Como recuerdo de la 1ª entrevista que tuvimos los dos hermanos, Eduardo y Ramón González González después de haber 9 años que vivíamos separados y sin noticias. Fue sacada esta foto el día 15 de marzo de 1939 en Lérida. Como testimonio de la gran alegría que reinaba entre los dos queridos hermanos en aquel feliz momento”.

111

111

Alumna: Candela Lago – 1ºESO

Escola: IES Virxe do Mar (Noia)

Podcast: https://soundcloud.com/conta-edixgal/o-avo-que-construe-casas?si=eef2c44f770b46e297afb0c46d021100&utm_source=clipboard&utm_medium=text&utm_campaign=social_sharing

113

113

Alumno: Mateo Prado – 1º ESO

Escola: IES Virxe do Mar (Noia)

Podcast: https://soundcloud.com/conta-edixgal/de-praia-e-romaria?si=0bfe7559402d4a4c98f1f2b4dfcf706f&utm_source=clipboard&utm_medium=text&utm_campaign=social_sharing

119

119

Alumno: Joel García Nieto – 3º ESO

Escola: IES Virxe do Mar (Noia)

Podcast: https://soundcloud.com/conta-edixgal/viaxe-a-madrid?si=5f989aa0e85c4cb3a5c000ebf0bdc669&utm_source=clipboard&utm_medium=text&utm_campaign=social_sharing

127

127

Alumno: Javier Carracedo García – 1º ESO

Escola: IES Antonio Fraguas

Texto:

A foto está tomada no ano 68 en Ferrol. Nela aparece o meu avó xunto aos compañeiros e profesores nun curso de máquinas sobre o mundo dos barcos, para algún día poder ser profesional e poder convertirse no director dalgún curso ou viaxe. Na foto están todos de maneira moi formal xa que aparte que nesa época vestíase así, era unha ocasión moi especial.

Naquela época Ferrol tiña moita actividade marítima xa que eran importantes os barcos e outros medios de transporte para pescar ou transportar mercancías que viñan doutros países. O meu avó tivo que navegar coma alumno 400 días dos cales mínimo 100 tiñan que ser en turbinas con motores, completando o resto de días na especialidade que faltase. Así é como conseguiu acceso ao 2º curso de oficial de máquinas, o cal comezaba en setembro e remataba en maio co exame final que tiña dous grupos: un académico e outro profesional. Como o meu avó rematou os seu días de mar non puido ir ao curso como alumno oficial e tivo que presentarse por libre, Tendo a sorte de aprobar nesa convocatoria, así gañándose o dereito de estar na fotografía.

149

149

Alumna: Rose Mendy

Escola: IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela)

Texto:

As miñas raíces

Esta foto é do meu avó cando era mozo, alá polo ano 1970. Sacáronlle esta foto cando cultivaba na miña aldea de GUINEA BISSAU, un pobo pequeno e cultural, e meu pai foi alí e sacoulle esta foto.

El era agricultor de cereal de millo e outras cousas importantes e tamén sacou esta foto para viaxar a Senegal, para ir a vender os produtos que cultivaba.

166

166

Alumna: Sabela Ares Rodríguez – 3º ESO

Escola: IES Antonio Fraguas

Esta foto foi sacada arredor de 1960 en Monforte de Lemos. A persoa que aparece nela é a miña tía avoa Lolé, irmá da miña avoa. A súa nai morrera, e vivía coas súas dúas irmás e o seu pai. El quería vivir coma un rico pero non quería traballar, polo que as súas fillas tiñan que facer todas as tarefas da casa, conseguir diñeiro, e coidarse tanto a si mesmas como ao seu pai. A miña avoa, sendo a maior, tiña que traballar máis ca ninguén, cosendo por encargo, vendendo peixe e facendo a comida. Inda así, eran moi pobres. Tamén era unha época de grandes dificultades económicas, xa que acababan de saír da guerra civil.

Monforte de Lemos é unha pequena vila na provincia de Lugo, que cambiou moito co paso do tempo. Esta foto fíxose na praza do campo da Compañía, cando estaba aínda construíndose. Nesta praza, a máis importante da vila, atópase o edificio dos Escolapios, un colexio de curas chegado a Monforte en 1873 que agora se utiliza como igrexa e colexio relixioso.

A miña tía avoa non tivo unha infancia fácil, e a súa idade adulta non foi moito mellor. Era lesbiana, unha cousa moi difícil nesa época, e morreu de cancro no 1984. Non chegou aos 50 anos.

167

167

Alumno: Simón Álvarez Paz – 3º ESO

Escola: IES Antonio Fraguas

Texto:

Na foto de 1963 pódese ver ao meu avó Celso na festa de cumpreanos do seu primo Pepe no Grove, que era onde veraneaban. Na foto tamén podemos ver a Antonio Machín, un cantante cubano da época, que era amigo de Pepe e foi cantar á festa. A foto é na antiga casa do meu avó, que agora é un Hostal. El era cardiólogo e tiña unha clínica cerca, agora xa abandoada. Na foto aparece con 49 anos e o seu primo con 46 recén cumpridos.

218

218

Alumna: Ariadna Serrapio García (2º ESO D)

Escola: IES Alexandre Bóveda (Vigo)

Texto:

“A enchente (1959)”

Na foto reflíctese a crecida do río Miño no ano 1959, na rúa bispo Maceira, no Penedo, en Tui. A auga chegou ata a porta da casa dos meus avós, que están asomados ao balcón xunto con dous amigos. Na barca van uns veciños que van recollendo a xente do barrio que se viu atrapada na súa casa pola enchente.

242

242

Escola: IES Plurilingüe de Ames

Alumno: Antón Abalo Santamaría – 4º ESO

Texto:

O meu tataravó

O meu tataravó chamábase José Abalo Paulos e naceu en 1883 na parroquia de Cea, en Vilagarcía, onde creceu indo a escola e alimentando a súa intelixencia, curiosidade e paixón pola literatura.

Traballou como aprendiz dun mestre construtor alemán, adicando a súa vida profesional á construción. Entre outras obras nas que traballou destaca o edificio do Gran Hotel da Illa da Toxa e a singular ermida do Carme existente nesa illa , “A capela das cunchas”. Nesta última traballou colocando as cunchas de vieira que se utilizaban para recubrir e impermeabilizar as fachadas.

Compaxinaba a vida laboral coa súa paixón pola poesía, que escribía no tempo libre.

En Vilagarcía coñeceu á miña tataravoa, serventa interna nunha casa rica, coa que casaría en 1919, trasladándose ambos a Cabo de Cruz (Boiro), de onde ela era orixinaria, e onde establecerían a súa familia con dez fillos.

Todo mudou cando, traballando, sufriu un accidente que o danou na cabeza e o imposibilitou para traballar. Aínda así, para manter a súa familia mercou unha gamela e comezou a pescar como unha afección coa que sacar uns cartos.

Tamén continuou aprendendo e informándose (estivo subscrito a El Faro de Vigo, que lle chegaba semanalmente no vapor). Así, comezou a falar de ideas innovadoras para a súa época e contorno, como a posibilidade de “fabricar un aparato para escoitar e ver a xente que estivera en Madrid”. Morreu con 80 anos en Cabo de Cruz.

263

263

Aluna: Daniela Sobreiro (6.ºF – 2.º ciclo)

Escola: Agrupamento de Escolas Vale do Tamel (Barcelos)

Texto:

Sanatório

Nesta foto da década de 1950 está o meu bisavô internado no sanatório Dr Sousa Martins, localizado na cidade da Guarda, interior de Portugal.

Tal como muitos doentes, este sanatório era especializado para tratar os doentes com tuberculose. Ligado ao nome do Hospital da cidade mais alta de Portugal está o Dr. Sousa Martins, que em 1881, ao fazer uma expedição à serra da Estrela considerou este local mais indicado para o tratamento da tuberculose.

Em sua honra, e pela sua dedicação à causa da tuberculose veio a ser dado a esse sanatório o nome “Sousa Martins” que tinha capacidade para receber perto de mil doentes distribuídos por pavilhões para todo o tipo de sociedade (abastados, funcionários públicos e carenciados).

Com o decorrer dos tempos e com a descoberta dos antibióticos a incidência da tuberculose foi diminuindo e deixando de ser um problema sério para a saúde pública.

De acordo com pesquisas, e associada à vida do Sanatório, está a história da Rádio Altitude que surgiu na década de 1940 com o objetivo de proporcionar aos doentes do Sanatório certas distrações compatíveis com a disciplina do tratamento.

Juntamente a esta foto o meu bisavô escreveu uma carta à minha visavó com a seguinte mensagem “Envio como prova de amizade à minha querida Aurora”

264

264

Aluna: Marta Meixedo (6.ºF – 2.º ciclo)

Escola: Agrupamento de Escolas Vale do Tamel (Barcelos)

Texto:

Baptizados

Nesta foto vemos sete bebés a serem batizados, decorria o ano de 1973. Esta cerimónia realizou-se na Igreja Paroquial de Roriz, concelho de Barcelos, distrito de Braga. Uma das senhoras que está na foto era a minha avó e a bebé é a minha querida mãe. Não deixa de ser curioso que nessa época as senhoras usavam saias até ao joelho, vê-se que trabalham muito no campo. Era gente simples, trabalhadora e muito humilde.

314

314

Alumna: Lucía Cabaleiro Couto 2ºC

Escola: CEP Altamira (Salceda de Caselas)

Texto:

Xogo tradicional: tiro da corda

Dous de meus tíos nunhas colonias de verán.

Compartir

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here