Ponte... nas Ondas!

A Foliada das Letras Galego-Portuguesas

Unha “foliada”, tamén chamada serán, polavila, ruada, fiadeiro ou baile, é unha festa popular na que están presentes o baile e a música tradicional galega.

A Foliada das Letras galego-portuguesas celebrouse o 23 de maio de 2025 en Santiago de Compostela e contou coa participación de 15 centros educativos de Galicia e Portugal, persoas e comunidades portadoras do patrimonio inmaterial galego-portugués e a actuación de OS FONDAOS DO PÍFARO e o grupo DE VACAS.
Con motivo da celebración do ano das Letras Galegas 2025, dedicadas á literatura oral e ás cantareiras, desde Ponte…nas ondas! promovemos a transmisión ás novas xeracións do cancioneiro tradicional galego-portugués, común a Galicia e Portugal.

Centros educativos participantes:

CEIP López Ferreiro. Compostela
IES de Ames
IES Barra. Ponteareas
CEIP Cardenal Quiroga. Compostela
IES Eduardo Pondal. Ponteceso
CEIP Seis do Nadal. Vigo
CEIP Petelos.Mos
Escola Nadir Afonso. Chaves
CEP Altamira. Salceda de Caselas
CEP Carlos Casares. Salvaterra de Miño
IES de Salvaterra de Miño
Escola Profissional de Celorico de Basto
IES Alexandre Bóveda. Vigo
IES San Clemente. Compostela
CEIP A Ramallosa. Teo

O evento contou coa colaboración da Secretaría da Lingua da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, o Concello de Santiago de Compostela e a área de Lingua da Deputación de A Coruña.

Letras Galegas 2025

O patrimonio oral galego-portugués que se celebra no ano das Letras Galegas 2025 é un patrimonio compartido cos demais países da lusofonía. Este é un exemplo dunha visita no ano 2004 dun grupo de alumnado do Instituto Béradêro, (creado por Chico César en Catolé do Rocha, Paraiba) con motivo do 10º aniversario de Ponte…nas ondas! Traían mostras do seu patrimonio e compartíronas en Galiza e Portugal, e gravaron este tema para unha actuación na TVG onde coincidiron co grupo Treixadura. A nosa ponte fíxoo posíbel ! Cantemos e bailemos !

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here


Baner Modelo PNO!

Así foi o evento do 30 aniversario de PNO!
PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas