- A través deste programa promóvese a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas
- O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas

Un total de 19 centros educativos renovan este curso a súa participación do modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido en 2022 pola Unesco como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.
A través deste programa foméntase a implicación dos escolares nas súas propias tradicións e sensibilízase aos máis novos na importancia do patrimonio cultural inmaterial. Deste xeito, promóvese a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal.
Os centros educativos participantes contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Participan nesta iniciativa os seguintes centros:
| Provincia | Concello | Centro | 
| Coruña, A | Ferrol | IES de Catabois | 
| Coruña, A | Muros | IES Plurilingüe Fontexería | 
| Ourense | Coles | CPI Plurilingüe Antonio Faílde | 
| Ourense | Pereiro de Aguiar, O | CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey | 
| Ourense | San Cristovo de Cea | CPI Virxe da Saleta | 
| Pontevedra | Estrada, A | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | 
| Pontevedra | Gondomar | IES Plurilingüe Terra de Turonio | 
| Pontevedra | Mos | CEIP de Petelos | 
| Pontevedra | Ponte Caldelas | IES de Ponte Caldelas | 
| Pontevedra | Ponteareas | IES do Barral | 
| Pontevedra | Pontevedra | IES Luís Seoane | 
| Pontevedra | Pontevedra | IES Sánchez Cantón | 
| Pontevedra | Salceda de Caselas | CEP Altamira | 
| Pontevedra | Salceda de Caselas | IES Pedras Rubias | 
| Pontevedra | Salvaterra de Miño | CEP Carlos Casares | 
| Pontevedra | Salvaterra de Miño | IES de Salvaterra de Miño | 
| Pontevedra | Tui | IES Indalecio Pérez Tizón | 
| Pontevedra | Vigo | CEIP Plurilingüe Seis do Nadal | 
| Pontevedra | Vigo | EEI Vila Laura | 
O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas. Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses.
A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

 
 


 
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
  
 
[…] NOVA RELACIONADA: Unha vintena de centros de toda Galicia continuarán traballando co modelo de educación patrimonial… […]