Ponte... nas Ondas!

Unha vintena de centros de toda Galicia continuarán traballando co modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas! recoñecido pola Unesco

  • A través deste programa promóvese a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas
  • O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas

Un total de 19 centros educativos renovan este curso a súa participación do modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido en 2022 pola Unesco como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

A través deste programa foméntase a implicación dos escolares nas súas propias tradicións e sensibilízase aos máis novos na importancia do patrimonio cultural inmaterial. Deste xeito, promóvese a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal.

Os centros educativos participantes contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Participan nesta iniciativa os seguintes centros:

 

Provincia Concello Centro
Coruña, A Ferrol IES de Catabois
Coruña, A Muros IES Plurilingüe Fontexería
Ourense Coles CPI Plurilingüe Antonio Faílde
Ourense Pereiro de Aguiar, O CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey
Ourense San Cristovo de Cea CPI Virxe da Saleta
Pontevedra Estrada, A IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Pontevedra Gondomar IES Plurilingüe Terra de Turonio
Pontevedra Mos CEIP de Petelos
Pontevedra Ponte Caldelas IES de Ponte Caldelas
Pontevedra Ponteareas IES do Barral
Pontevedra Pontevedra IES Luís Seoane
Pontevedra Pontevedra IES Sánchez Cantón
Pontevedra Salceda de Caselas CEP Altamira
Pontevedra Salceda de Caselas IES Pedras Rubias
Pontevedra Salvaterra de Miño CEP Carlos Casares
Pontevedra Salvaterra de Miño IES de Salvaterra de Miño
Pontevedra Tui IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Seis do Nadal
Pontevedra Vigo EEI Vila Laura

 

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas. Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses.

A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas