Ponte... nas Ondas!

Unhas Letras Galegas Universais: PNO! celebra o patrimonio oral galego-portugués

• No ano do seu 30 aniversario, PNO! vén realizando diversas actividades co foco na transmisión do cancioneiro tradicional ás novas xeracións.

• Meniños Cantores e Cores do Atlántico, exemplos de referencia de proxectos pioneiros na posta en valor do patrimonio oral, cuxos materiais seguen a disposición das escolas galegas e portuguesas.

A celebración do ano das Letras Galegas 2025 é unha oportunidade para reivindicar o patrimonio oral galego-portugués, un patrimonio compartido coa lusofonía e que Ponte…nas ondas! vén divulgando ao longo de tres décadas.

Coincidindo co 30 aniversario, Ponte…nas ondas! está realizando unha serie de actividades que teñen o foco na transmisión do cancioneiro tradicional ás novas xeracións como se evidenciou na multiemisión radiofónica do pasado 26 marzo desde 9 lugares de Galicia e Portugal.
(https://www.youtube.com/watch?v=ZNIa8-1lcoE)

Ponte…nas ondas! como ONG consultora da UNESCO para o Patrimonio Cultural Inmaterial pretende dar a coñecer este patrimonio común ás novas xeracións de ambos territorios e reivindica o patrimonio oral común coa lusofonía.

Na liña das recomendacións da UNESCO

A UNESCO, na Recomendación sobre a Salvaguarda da Cultura Tradicional e Popular, adoptada o 15 de novembro de 1989 afirma que “a literatura oral tradicional e popular fai parte do patrimonio cultural da humanidade e merece ser recoñecida, valorizada e preservada”. E conclúe que “a literatura oral tradicional e recoñecida como unha forma esencial da cultura popular que debe ser salvagardada como patrimonio cultural inmaterial da humanidade debido ao seu papel fundamental na preservación da identidade, historia e valores das comunidades”.

As letras das cantigas da tradición oral son un patrimonio compartido que fan da literatura galega unha expresión universal, que non só aprenden e coñecen as novas xeracións de Galicia e Portugal, senón tamén, outras persoas doutros lugares que cantan e bailan coas mesmas palabras e melodías.

O cancioneiro tradicional xa está presente nas cantigas de amigo medieivais tal como estudou Carolina Michaëlis de Vasconcelos no capítulo “Vestígios de poesia popular galego-portuguesa arcaica. Sua semelhança com as modernas cantigas do povo. Seu influxo provável na poesia trovadoresca”, no segundo volume de sua edición crítica do Cancioneiro da Ajuda, publicado en 1904.

Os exemplos de Cores do Atlántico e Meniños Cantores

A profesora Ria Lemaire, no libro Cores do Atlántico, proxecto promovido por Ponte…nas ondas!, defende a influencia do canto das mulleres nas cantigas de amigo e mesmo cuestiona a suposta autoría masculina dunha parte das cantigas de amigo (www.coresdoatlantico.eu).

Rosalía de Castro dignifica nos seus Cantares Gallegos a nosa literatura oral poñendo en boca das mulleres os seus cantares e elevándoos a categoría literaria.

Domingo Blanco e Carlos Nogueira, estudosos da literatura oral galego-portuguesa teñen documentado e estudado as analoxías do cancioneiro tradicional entre Galiza e Portugal. Estas cantigas que celebramos neste ano das Letras Galegas estanse a cantar en Portugal e tamén noutros países a onde as levaron as persoas portadoras.

Un exemplo deste patrimonio oral compartido foi incluído na publicación de Meniños Cantores en 2005 e pódese ver aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=73nJWlLPigA

DEIXE UMA RESPOSTA

Por favor digite seu comentário!
Por favor, digite seu nome aqui

Baner Modelo PNO!
Campaña Subscríbete ao Galego
Así foi o evento do 30 aniversario de PNO! PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas