Ponte... nas Ondas!

V Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!

Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.

(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no V Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”)

FALLO DO XURADO

Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do 5º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e

ACORDAN

1º.-Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste 5º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural, para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.

2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,

CERTAME DE IMAXES

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio:
Yoel Ares Gómez (4º E.P.)
Escola: CEIP da Ramallosa
Título “A emigración: a radio (1956)”

409

2º Premio:
CEP Altamira (Salceda de Caselas)
Título: Mulleres no lavadoiro do edificio da praza de abastos de Ourense.

26

3º Premio:
Joana Correia,
Escola: Agrupamento Escolas Vale do Tamel (Barcelos)
Título: Saudade

127

Accesit:
Elisa de Almeida Mouteira (3ºC)
Escola: CEP Altamira (Salceda de Caselas)
Título:A Torre Eiffel e a emigración

19

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio:
Amaia Troncoso Monteiro
Escola: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)
Título: Rancho de Reis

3

2º Premio:
Irene Briones Álvarez (3º ESO B)
Escola: IES Auga da Laxe (Gondomar)
A avoa Gloria, modelo involuntaria

79

3º Premio:
Maria Clara Martins Pires (9ºA)
Escola Básica Dr. Flávio Gonçalves (Póvoa de Varzim)
Título: Casa de banhos

67

Accesit:
Héctor Castelló López (2º ESO E)
Escola: IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)
Título: Festas patronais

154-1

CERTAME DE PODCAST

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

Premio:
Podcast conxunto que abrangue oito fotos
Escola: CEIP da Ramallosa (Teo)

407

408

409

410

411

412

413

414

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

Premio:
Cristina Louredo Pérez
Escola: IES Alexandre Bóveda

201

Accesit:
Carmen Iglesias Fernández
IES San Rosendo de Mondoñedo

179

Premio Especial do Xurado

O xurado acorda por unanimidade e fora de todas as categorías conceder unha mención CEP Carlos Casares de Alxén, Salvaterra de Miño polo excelente traballo de Recolla do Patrimonio titulado ”Proxecto Patrimonio no CEP Carlos Casares” no que usando 58 fotografías de diversos ámbitos do Patrimonio mergullan o alumnado na investigación e coñecemento de importantes aspectos do Patrimonio Cultural.

Imaxes do Proxecto Patrimonio no CEP Carlos Casares: A auga na contorna

Vigo a 10 de setembro de 2022

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas