Tema:»Ponte a contar”
Seguindo coas características fundamentais que o Certame vén mantendo dende hai xa seis anos, queremos propor aos centros escolares galegos e portugueses seguir afondando na divulgación do noso patrimonio cultural descubrindo e rescatando nesta convocatoria os contos populares.
Próximamente remitirémosvos as bases completas deste certame aínda que xa podemos adiantarvos que haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría ( primaria, secundaria, bacharelato, ensino profesional e universitário ).
Instamos a todos os centros a que participedes nas dúas convocatorias xa que son perfectamente complementarias, e pódese aproveitar o mesmo material adaptándoo aos requerimentos de cada un dos dous programas.
O calendario para participar será o seguinte:
INSCRICIÓN
O prazo para inscribirse en ambas convocatorias rematará o día 15 de decembro de 2011. Hai que enviar debidamente cumprimentada a ficha correspondente á actividade na que se quere participar ou as duas, no caso de querer participar en ambas, a: ondas@pontenasondas.org»> ondas@pontenasondas.org
PRAZOS ENTREGA
VI Certame de Recolla do Patrimonio. O prazo de recepción dos traballos rematará o día 28 de maio. O resultado do Certame darase a coñecer en setembro de 2012.