Ponte... nas Ondas!

VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema “PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO”

No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que ten unha dupla finalidade:

Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida escolar nas aulas da Eurorrexión.
Que o sistema educativo acometa decididamente a tarefa de rescatar esta tradición e poñela en valor nun proceso de transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.
O xogo, entendido en sentido amplo como gozo do tempo de lecer, non remata nas idades infantís ás que máis doado nos resulta relacionar con estas actividades, senón que segue a mostrarse, en manifestacións acaídas, en todas as etapas da vida do ser humano.

A mocidade ten para o tempo de lecer un amplo repertorio de actividades de recreo e de xogos, mentres que nas idades adultas do ser humano a necesidade de xogo e brincadeira segue a aparecer e non remata ata que o fai a propia vida dos individuos. Os centros educativos son un espazo apropiado onde é doado transmitir os xogos tradicionais. O alumnado poderá ser o encargado de investigar, recolleitar e divulgar entre os seus compañeiros e compañeiras as prácticas dos xogos que se realizan nos períodos de lecer.

O Certame propón a recolla das formas de lecer tradicionais incluíndo todos os tipos de entretemento: xogos, regras e normas, xoguetes e a súa realización, adiviñas, cantigas, refráns…
Trátase de realizar unha gravación das expresións orais e das formas de lecer na voz das “persoas portadoras“ que practican as diferentes actividades lúdicas e de lecer. Pódese acompañar a recolla con ilustracións ou documentación gráfica que aporten achegas á gravación.

O xurado valorará o rigor e o interese das recollas realizadas así como os materiais que as acompañen.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas