A segunda edición do Festival Internacional de Teatro PONTE…NA ESCENA volta a ser unha realidade en Gondomar, con máis días e novas propostas e actividades para todos os públicos. Nos vinte anos de Ponte…nas ondas! o festival pretende consolidar unha ponte necesaria que ofreza ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes.
Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común. As artes escénicas teñen neste festival diferentes manifestacións para mostrar un abano diversificado de propostas chegadas desde diferentes territorios da lusofonía: Galiza, Portugal, Francia, Brasil.