Ponte... nas Ondas!

XII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa

Dentro da campaña pola inscrición na Lista Representativa da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, Ponte…nas ondas! realiza unha das actividades que ao longo de once anos pasados mostrou o potencial deste patrimonio nas súas diversas edicións: a Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa.

No ano 2002, no mesmo espazo escénico, realizábase a primeira Mostra, como un dos actos de arranque do proceso da Candidatura á UNESCO que en 2004 presentaría Ponte…nas ondas! Naquela edición xuntáronse fundamentalmente músicos de Galicia e do Norte de Portugal. Desde entón, este evento foi acollendo narradores orais, portadores/as de expresións tradicionais e artistas que teñen na oralidade galego-portuguesa a súa fonte de inspiración. Vigo, Paredes de Coura, Pontevedra, Melgaço, O Porriño ou A Guarda foron algunhas da localidades que acolleron a Mostra. Tamén participaron persoas da oralidade e da música de Portugal, Brasil, Angola, Monçambique e Galiza como Amélia Muge, Vozes da Rádio, Cantares do Minho, Augusto Canário, Socorro Lira, Alberto Mbundi, Timbila Muzimba, Xistra, Uxía, Mini e Mero, Mercedes Peón, etc.

A Mostra da Oralidade é un evento que reune as voces do patrimonio inmaterial galego-portugués concebido para transmitir ás novas xeracións as expresións contemporáneas desta cultura común. Nela xúntanse as persoas portadoras das manifestacións da cultura tradicional con artistas que basean o seu traballlo creativo na oralidade.

RE-TRANSMITIR O PATRIMONIO

Ponte…nas ondas! vén realizando ao longo de dúas décadas un labor de difusión e transmisión deste patrimonio común mediante diversas actividades como a xornada da comunición interescolar que ten na retransmisión radiofónica o seu principal medio de levar ás aulas estas expresións orais.

Esta XII edición da Mostra da Oralidade é un evento dirixido aos máis novos para que teñan a oportunidade de escoltar baixo diferentes voces as palabras do seu patrimonio común. A narración oral, os cantos, as danzas, a música, os xogos de lingua e o teatro popular son algúns dos contidos que grupos galegos e portugueses desenvolverán no auditorio Afundación de Vigo.

O compositor e intérprete Xoán Curiel será o encargado de realizar un percorrido pola voces da lusofonía e achegará contos e cancións de diferentes países que comparten este patrimonio común.

O músico e actor galego Paco Nogueiras centrará a súa intervención nas celebracións anuais ( Entroido, San Xoán, Romarías, Samaín, Nadal ) e nos xogos populares interpretando cancións cunha ampla variedade de ritmos.

A Associaçao Cultural Fértil, de Povoa de Varzim, realizará unha teatralización de diversas historias e contos tradicionais portugueses. Fértil está especializada no traballo educativo, artístico e antropológico.

O grupo Migallas, un dos veteranos na expresión oral en galego, interpretarán temas con xogos de lingua e contarán relatos e adiviñas da cultura tradicional común.

ESCOLAS

A esta actividade asistirán centros educativos de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço, Salvaterra de Miño, Nigrán e Vigo.

Día: 25 de novembro de 2014

Hora: 11.30 hs.

Lugar: Auditorio AFUNDACIÓN ( Marqués de Valladares s/n ). Vigo

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

PNO! 8º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Obradoiros de radio escolar con PNO!
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas