Baixo a coordinación do Equipo de Dinamización Lingüística, o IES Plurilingüe Fontexería, en Muros, é un activo participante en cada edición do Certame de Imaxes do Patrimono de Ponte…nas Ondas! con gran implicación do profesorado, alumnado e familias.
Coas imaxes peneiradas, o centro elaborou un fermoso libro, que nos ofrece unha magnífica mostra do patrimonio cultural muradán «para que os mozos e mozas que agora constrúen o futuro non esquezan de onde vimos».
Parabéns!
A profesora Chus Abraldes achéganos o libro, que ía ser presentado na XXXI Semana Cultural do centro que polas especiais circunstancias desta primavera de 2020 pasa a celebrarse online: