Convocatoria – Día Mundial da Radio

CONVOCATORIA

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca aos centros educativos galegos e portugueses de calquera outra procedencia, a participar no Día Mundial da Radio o vindeiro 13 de febreiro de 2016.

No ano 2011, a UNESCO, proclamou o 13 de febrero como “Día Mundial da Radio” conmemorando o día no que as Nacións Unidas crearon a “Radio das Nacións Unidas” no ano 1946.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! tivo sempre como un dos seus obxectivos primordiais a difusión da Radio Escolar porque consideramos que é unha ferramenta sinxela, barata e de doada implantación nos centros escolares, ao mesmo tempo que unha potente ferramenta didáctica con múltiples aplicacións e infinitas posibilidades na vida diaria das escolas. A chegada dos modernos medios de comunicación, INTERNET, redes sociais así como a aparición de adiantos tecnolóxicos, telefonos móbiles, ordenadores, tabletas, gravadoras e reproductoras de son, non restaron nada da potencialidade do medio radio senón que ainda lle engadiron máis posibilidades e fixeron mais doado, se cabe, a súa utilización.

Dende a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, propoñemos aos centros educativos, teñan Radio Escolar ou non, que envíen un programa de radio para conmemorar con nós o Día Mundial da Radio o día 13 de febreiro.

Que facer?

· Gravar un programa de radio ou video ou enviar un xa gravado, de calquera temática. A modo de suxestións, aí van algunhas:

– A radio na túa vida

– Opinións sobre a radio

– A radio no século XXI

– Mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués ( o entroido, a literatura oral, as celebracións tradicionais, a cultura agro-marítima )

Como ?

· Unha gravación de audio en calquera formato ( duración ilimitada ) con dúas opcións para o envío:

– Subila a Sound Cloud ( abrindo unha conta ) e mandando o enlace.

– Mandar a gravación directamente, por e-mail ou correo postal.

– Cada centro pode enviar as gravacións que desexe.

Envíos antes do 11 de febreiro a: ondas@pontenasondas.org

Aquí podedes ver e escoitar os programas do pasado ano:
http://pontenasondas.org/diadaradio/

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here