Estes son os premios do II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez

Reunidos virtualmente, asinaron a súa decisión os membros do xurado deste II Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, o Museo do Pobo Galego, a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo, a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, a Radio Galega, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia.

Logo de valorar os traballos finalistas, acordaron por unanimidade conceder os seguintes premios, consonte as bases do concurso.

Categoría de Primaria

Primeiro Premio

Sinécdoque, un podcast do CEIP Raíña Fabiola de Santiago de Compostela.

Premio Especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas

Ánimo, xente, un podcast do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.

Accésit

Na verea da igualdade, un podcast do CEIP Baamonde de Begonte.

Categoría de secundaria

Primeiro Premio

O vello dos contos, un podcast do IES de Foz.

Premio especial 25 Aniversario Ponte nas Ondas

Morriña, un podcast do IES Manuel García Barros da Estrada.

 

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here