Homenaxe a Suso Jares no Día Mundial da Radio pola tolerancia, o diálogo e a paz

Durante a programación do Día Mundial da Radio emitiuse este documental con testemuñas do labor de Xesús R. Jares con imaxes inéditas do seu traballo en diferentes ámbitos:

Ponte…nas ondas! lembrou a Xesús R. Jares na programación do Día Mundial da Radio, coincidindo co 10 aniversario do seu pasamento.

Xesus R. Jares foi profesor da Universidade de A Coruña, formador de formadores, creador e coordinador de programas de convivencia, investigador, mediador e pai. E autor de libros como Técnicas e xogos cooperativos ou Construír a paz.

O acto de entrega da II edición do premio “Recoñecemento Suso Jares” emitiuse a través do portal www.escolasnasondas.com este 13 de febreiro. Este premio está organizado por Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) e o grupo de traballo Educadoras/es pola Paz (AGAPPAZ) de Nova Escola Galega (NEG), e foille concedido á Escola infantil Santa Cristina de Lavadores en Vigo e ás bibliotecas escolares.

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here