Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.
(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”)
FALLO DO XURADO
Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Vitor Pinto profesor e fotógrafo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e ACORDAN
1º.–Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado, de Galicia e Portugal a súa participación neste I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrirás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común, para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.
2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.
3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio Miriam Sousa Magallanes,
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

2º Premio Gonzalo Faro Casamayor
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

3º Premio Roberto Rajo Gómez
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

4º Premio Lucas Nande Cambra
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

5º Premio Sofía Carrete García
CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro)

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio Vasco Resende de Sousa
Escola EB2/3 Sophia Mello Breyner – Arcozelo

2º Premio Martín Vidal Márquez
IES Terra de Turonio

Este é un casamento do ano 1913 (aproximadamente). Foi o casamento dos meus tataravós: María Caeiros e José Cambra. Os padriños do casamento están aos lados dos noivos. Os noivos ían de negro e é destacado que todos os homes que foron á cerimonia ían con traxe e garavata. Esta foto foi sacada en Peitieiros, no Concello de Gondomar, na casa da noiva, que foi onde se fixo a celebración. O canizo, que está detrás, aínda hoxe se conserva do mesmo xeito, sen cambios. O casamento debeu ser no mes de setembro, cando se sacan as espigas, pois hai restos de follato na eira, diante dos noivos. Algúns dos asistentes que están na foto a miña avoa aínda se lembra deles, pois chegou a coñecelos. Ela identifica a: • Joaquín do Peto • Carmen do Visco • Severino Cambra • Flora do Outeiro • Chuca do Maduro • Margarita de Plérigo e o seu fillo no colo José Plérigo. • Carmen Cambra, irmán do noivo. • Rosalía Cambra (ou A Grande) • Hilario (no colo) • Maria Caeiros (a noiva) • Jose Cambra (o noivo)
3º Premio Maruxa Malvar Torres
IES Ponte Caldelas

Ano da foto aproximado: 1955 Lugar: A Barcia do Seixo,A Lama, Pontevedra. Quén aparece na foto: veciñas e veciños da Barcia, ancestros de Maruxa . Cedida por: Familia de Maruxa Malvar Torres, 1ºC ESO do IES de Pontecaldelas Patrimonio que representa: As labradas As veigas son as pequenas terras de cultivo nas que se baseaba a agricultura de autosuficiencia nas aldeas galegas.Son numerosas e ben delimitadas con marcos, sendeiros ou camiños. Cultivábase millo, patacas, legumes e o que se producía era para consumir durante todo o ano. En Abril preparábase a terra para a plantación do millo. A labrada realizábase cun arado arrastrado por duas vacas enxugadas que camiñaban polo surco. Un home forte ía guiando a rabiza do arado e unha muller ou un neno guiaban as vacas. Detrás ían varias mulleres, entre 20 e 25, desfacendo os terróns co sacho para despois botar a semente e achanzando a terra. O minifundio e a abrupta constitución do terreo non facilitaba as faenas agrícolas e facía necesario crear lazos de unión entre os aldeans para cooperar nas tarefas máis duras. Existía a tradición de axudar a rematar as faenas de campo retrasadas, o que demostra unha comprensión e sentido íntimo de convivencia. Para compensar a axuda a familia ofrecía suculentos manxares, cocido, galo guisado ademáis de chulas e filloas, sempre acompañado de viño. O cantar, ao finalizar os traballos, era un bo complemento das faenas agrícolas. O que se facía na Barcia era cantar unhas “regueifas” onde se retaban os de arriba e os de abaixo, exemplo: Nós de aqui e vós de alá somos tanto como vós Nós comemos o carneiro e os cornos para vos Na foto podemos ver mulleres con bebés, nenas ,homes e todos xunto coas vacas.
4º Premio Iria Martinez Sambade
IES Plurilingüe Fontexería- Muros

5º Premio Alexandra da Silva Artilheiro
Escola Profissional Infante D. Henrique

Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido.
CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño
Vigo a 10 de setembro de 2018
Premendo aquí podedes ver ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”
[…] Imaxes gañadoras: preme aquí. […]
[…] E aquí as gañadoras da I e da II edición (tamén o acceso ao arquivo completo das imaxes participantes nas edicións anteriores) http://pontenasondas.org/ii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-aqui-as-ganadoras/ http://pontenasondas.org/i-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-xa-temos-ganadoras/ […]