Ponte... nas Ondas!

I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: Xa temos gañadoras!

Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.

(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”)

FALLO DO XURADO
Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Vitor Pinto profesor e fotógrafo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e ACORDAN

1º.Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado, de Galicia e Portugal a súa participación neste I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrirás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común, para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.

2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio Miriam Sousa Magallanes,
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

ANO 1960 Nesta foto poden ver a miña tía Maria Luisa (a do medio)e meu tío Eusebio (lado esquerdo) cos seus amigos, xuntaranse nas Eiras, cada un coa súa bicicleta para ir aos carnavales que había noutro pobo uns 15 kilometros de distancia. Era o medio de transporte que tiñan. Nese día, conta a miña tía que choveu moito, conseguiron chegar, pero na volta chovía tanto que cada un buscou o seu refuxio e chegaron as suas casas empapados. Ate o día de hoxe usamos a bicicleta, claro que mais moderna ainda que hai lugares, onde podemos ver ainda personas maiores a usala como o seu medio de transporte.

2º Premio Gonzalo Faro Casamayor
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

A foto está tomada no barrio de Rodeiro, en San José de Ribarteme, As Neves. Na foto aparece miña avoa, miñas tías, a curmá de miña avoa cos seus fillos, o labrados e para facilitar o traballo no campo os bois. A foto fixoa meu avo en maio de 1968. As familias reuníanse para arar as fincas e para cultivar o millo e así poder dar de comer aos animais, é importante como patrimonio cultural para que as novas xeracións non esquezamos como era a vida no campo, posto que hoxe en día está todo mecanizado.

3º Premio Roberto Rajo Gómez
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

Ano aproximado, 1954 Lugar, Carballal, Pesqueiras, Salvaterra. Na foto, feita polo fotógrafo local de Pesqueiras que vivía en Corzáns, chamado Domingo; aparecen Clemente, coa roupa de traballo e a sobriña Divina, veciños e amigos dos avós de Roberto. A imaxe reflicte un dos traballos dos labregos de subsistencia da época da posguerra, a venda de madeira ao serradoiro de Fornelos ou de Moreira. O carro, no que se aprecian; canga, pexas, canceles, tomoreiro, cabezalla e cunqueiros, vai tirado por unha parella de bois de raza autóctona, frieresa. O carballo que se aprecia detrás aínda segue hoxe en pé.

4º Premio Lucas Nande Cambra
CEIP Plurilingüe Infante Felipe De Borbón (Salvaterra de Miño)

Esta foto foi sacada nunha finca de Lira, propiedade dos patróns para os que traballaba miña avoa Otilia xunto con outros xornaleiros. Xuntábanse todos para a mesma faena e repartíanse as tarefas: uns cortaban a herba cuns grandes fouciños con mango de madeira formando fileiras; a continuación @s nen@s recollíana facendo mollos de herba para que o último grupo se encargase de a encuruchar atando os mollos cunha lazada feita coa propia herba e introducindo as puntas (onde estaba a semente) escondéndoas no medio do curucho. Proceso da sega e encuruchado.

5º Premio Sofía Carrete García
CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro)

Esta imaxe é do ano 1940. É unha foto de estudio na que se ve un soldado con uniforme, polainas e correaxe de coiro, ten a man esquerda pousada enriba dunha al de canón. Na camisa leva dous matuxos de frechas da Falanxe. Este señor era irmán da miña bisavoa.

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio Vasco Resende de Sousa
Escola EB2/3 Sophia Mello Breyner – Arcozelo

Nesta fotografia, do início do século XX, data anterior a 1916, está retratada a família de um rico proprietário agrícola de Serzedo, que personaliza “o brasileiro de torna-viagem”, por ter emigrado para o Brasil e retornado à terra com fortuna que exibia localmente. A fotografia, efetuada na farmácia de Serzedo, “estúdio” local, evoca um momento relevante da vida familiar: a partida de Joaquim Aguiar (1º filho à esquerda), para a campanha da 1ª Guerra Mundial. Podem identificar-se, nos trajes tradicionais rurais, que divergem da moda citadina desta época, sinais de riqueza da prole familiar: o patriarca, tetra-avô do Vasco Resende e dois dos seus filhos mais velhos, envergam fato completo e gravata; os mais novos vestem camisa de linho. A esposa e as filhas trajam de saias longas e camisas com bordados, apresentando cuidado nos penteados. Todos estão devidamente calçados com sapatos.

2º Premio Martín Vidal Márquez
IES Terra de Turonio

Casamento da avoa María
Este é un casamento do ano 1913 (aproximadamente). Foi o casamento dos meus tataravós: María Caeiros e José Cambra. Os padriños do casamento están aos lados dos noivos. Os noivos ían de negro e é destacado que todos os homes que foron á cerimonia ían con traxe e garavata. Esta foto foi sacada en Peitieiros, no Concello de Gondomar, na casa da noiva, que foi onde se fixo a celebración. O canizo, que está detrás, aínda hoxe se conserva do mesmo xeito, sen cambios. O casamento debeu ser no mes de setembro, cando se sacan as espigas, pois hai restos de follato na eira, diante dos noivos. Algúns dos asistentes que están na foto a miña avoa aínda se lembra deles, pois chegou a coñecelos. Ela identifica a: • Joaquín do Peto • Carmen do Visco • Severino Cambra • Flora do Outeiro • Chuca do Maduro • Margarita de Plérigo e o seu fillo no colo José Plérigo. • Carmen Cambra, irmán do noivo. • Rosalía Cambra (ou A Grande) • Hilario (no colo) • Maria Caeiros (a noiva) • Jose Cambra (o noivo)

3º Premio Maruxa Malvar Torres
IES Ponte Caldelas

As labradas
Ano da foto aproximado: 1955 Lugar: A Barcia do Seixo,A Lama, Pontevedra. Quén aparece na foto: veciñas e veciños da Barcia, ancestros de Maruxa . Cedida por: Familia de Maruxa Malvar Torres, 1ºC ESO do IES de Pontecaldelas Patrimonio que representa: As labradas As veigas son as pequenas terras de cultivo nas que se baseaba a agricultura de autosuficiencia nas aldeas galegas.Son numerosas e ben delimitadas con marcos, sendeiros ou camiños. Cultivábase millo, patacas, legumes e o que se producía era para consumir durante todo o ano. En Abril preparábase a terra para a plantación do millo. A labrada realizábase cun arado arrastrado por duas vacas enxugadas que camiñaban polo surco. Un home forte ía guiando a rabiza do arado e unha muller ou un neno guiaban as vacas. Detrás ían varias mulleres, entre 20 e 25, desfacendo os terróns co sacho para despois botar a semente e achanzando a terra. O minifundio e a abrupta constitución do terreo non facilitaba as faenas agrícolas e facía necesario crear lazos de unión entre os aldeans para cooperar nas tarefas máis duras. Existía a tradición de axudar a rematar as faenas de campo retrasadas, o que demostra unha comprensión e sentido íntimo de convivencia. Para compensar a axuda a familia ofrecía suculentos manxares, cocido, galo guisado ademáis de chulas e filloas, sempre acompañado de viño. O cantar, ao finalizar os traballos, era un bo complemento das faenas agrícolas. O que se facía na Barcia era cantar unhas “regueifas” onde se retaban os de arriba e os de abaixo, exemplo: Nós de aqui e vós de alá somos tanto como vós Nós comemos o carneiro e os cornos para vos Na foto podemos ver mulleres con bebés, nenas ,homes e todos xunto coas vacas.

4º Premio Iria Martinez Sambade
IES Plurilingüe Fontexería- Muros

Esta fotografía está tomada na Praia da Rocha, entre os peiraos Anido e o chamado da Señorita. Está na Ría de Muros, preto da propia vila. Aparecen miña avoa e as súas cuñadas nunha chalana coa que o meu avó pasaba o seu tempo libre. A fotografía tomouse arredor do1965. O sorprendente da fotografía é o lugar desde onde está tomada. Na casa dos meus avós sempre houbo unha cámara de fotos, e naquel tempo, unha cámara supoñía moito. Por iso, miña avoa se lembra de que a tomou meu avó, ninguén máis a trataba coma el como para meterse con ela na auga. Durante xeracións pasadas, a estancia na Praia da Rocha foi coma unha tradición da xente que non emigrou ás cidades; todos os nenos da contorna nos criamos aquí, e a medida que iamos crecendo, cambiamos de lugar cara Anido, un dique que se atopa ao lado dereito. O cambio d’A Rocha cara Anido supoñía algo moi importante para nós cando eramos nenos, xa que de cativos tiñámolo máis que prohibido, alí só ían os “maiores”. Despois aparecen novas etapas, nas que nos aventuramos cara outras praias da contorna para gozar dunha maior intimidade e independencia, pero o último momento, momento no que está tomada esta fotografía, é a hora casar e de ter fillos, cando as maiores se reúnen para ver aos nenos nas primeiras experiencias á beira do mar. Ese momento é onde as novas xeracións volven, como os seus proxenitores, a bautizarse no mar.

5º Premio Alexandra da Silva Artilheiro
Escola Profissional Infante D. Henrique

1 de Abril de 1967. Na década de 60 era comum os portugueses fazerem longos e demorados passeios a Espanha, nomeadamente, do Porto a Vigo. O objetivo destes convivios na época era adquirirem bens alimentares e outros artigos, a custo muito inferior ao que se praticava em Portugal. Estes passeios passavam se entre familiares e amigos, sendo dias de convivio onde cada família contribuia com o seu «farnel». A foto mostra um dos passeios a Vigo, em que os meus familiares que participaram nomeadamente: a minha bisavó Carmen Silva, o meu bisavô António Silva, a minha avó materna Ermelinda Barbosa e os irmãos desta (Henrique Barbosa, Maria José Barbosa e Alberto Barbosa). As louças que levavam eram usadas para o transporte de comida, confecionada previamente em casa, e que destinava á alimentação durante a viagem (os maravilhosos piqueniques). Aos homens cabia o hábito tão português de levarem garrafões com vinho, que por norma, era produzido por eles mesmos.

Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido.
CEIP Infante Felipe de Salvaterra de Miño

Vigo a 10 de setembro de 2018

Premendo aquí podedes ver ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no I Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
PNO! 7º Certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio
Meninhos Cantores 2
Proxecto dixital Memoria e Patrimonio
Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio
1 Modelo para o Mundo
SmartMinho - Tesouros Humanos Vivos
1 Patrimonio para o Futuro
Escolas nas Ondas