II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: Aquí as gañadoras!

Acta do xurado e galería de imaxes galardoadas.

(Premendo aquí podedes ver tamén ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”)

FALLO DO XURADO

Reunidos Anxo Cabada profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero investigadora e antropóloga e Xerardo Feijoo membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! actuando como secretario con voz e sen voto, constitúense como Xurado do II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” e

ACORDAN

1º.Agradecer aos centros de ensino, profesorado e alumnado a súa participación neste II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural , para o que propuxemos que á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran, na compaña dos seus familiares, aquelas fotos que conteñan elementos dese patrimonio que queremos dar a coñecer. Nas bases e como complemento desta busca solicitabamos que se completara a participación no certame coa inclusión dun texto explicativo da imaxe.

2º.-O Xurado valorou a gran calidade da maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo mostrado na elaboración do texto que acompaña a cada unha das fotografías polo que propón á entidade que convoca o certame que xestione o deseño de actividades que permitan mostrar e difundir as fotografías presentadas, dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares.

3º.-Logo das correspondentes deliberacións, os membros do Xurado acordan outorgar os seguintes premios nas distintas categorías establecidas polas Bases do Certame,

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico

1º Premio: Claudia López Darriba, CEIP A Ponte (Lugo)

Nesta foto esta a miña avoa esta no lado dereito a muller que esta cunha torta na man. Foi en Castro de Neira no concello do Páramo, no ano 1958, era a voda dunha prima da miña avoa que se chamaba Carmen 16 anos e Camilo o noivo 44 anos que xa morreu, levábanse 28 anos. Coñecéronse o día 1 de xaneiro e casaron o día 31 do mesmo mes e ano e marcháronse para Francia. A miña avoa contoume que antes as vodas non se facían en restaurante, eran nas casas e moitas veces poñían varias mesas e bancos nas palleiras para coller toda a xente.

2º Premio: Abel González Ramilo CEIP da Cruz. Camos (Nigrán)

Tranviarios_1930 O meu bisavó (de uniforme pola dereita) era xefe dunha estación do tranvía de vigo. Na foto aparece con outros compañeiros de traballo e un cativo na estación de tranvia de Vigo Data aprox. 1930

3º Premio: Ada Goyanes. CEP Sabarís.(Baiona)

Festa da Empanada en Chantada (Lugo) 1959. Festa popular que se celebra o último martes del mes de Agosto. As familias acuden a comer e a pasar o día no campo. Solía haber gaiteiros amenizando a festa e facían que a xente bailara acompañándos. As familias sentábanse a comer e visitábanse unhas a outras compartindo a comida que levaban. Na foto sae a familia Cedrón Noguerol. (Avós, pais, tíos e primos).

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

1º Premio: Rocío Dagraza Alonso.IES de Mos (Mos)

O TREN DE MERCANCÍAS Nesta imaxe vexe un dos primeiros trens de mercancías que pasou por O Porriño tirado por touras. Pódese ver que non hai cables de tren por onde vai a electricidade para darlle aos trens. As mercancías ían dende Redondela e lugares cercanos, xa que as touras que o tiraban non podían con tanto peso, cansábanse xa que eran dous vagóns que ían cargados. No Porriño a mitades da carga quitabase e logo ía cara Tui. As veces chegaban ata Portugal ou saían de Portugal, con mercancía, semillas e ás veces con xente dentro. Noutros casos levaban 3 vagóns, nos dous primeiros levaban as mercancías e no último levaban 2 touras más, pero só cando o viaxe era moi longo. Alguns días cambiaban os vagóns para levar a xente, como tren era o máis “seguro” naquela época moitas persoas subían, aunque non fóra o máis rápido. Pero tamén como era un transporte novo que xuntaba diferentes pobos pois a xente subía máis. Na imaxe aparece o meu bisavó xa que foi uns dos que construíu a vía, xa que ese e uns dos primeiros que pasaron, tiña que estar alí para comprobar que todo ía saír ven e se lle pode ver un pouco pola parte esquerda. A foto sería entre finais dos anos 50 e principios dos anos 60. A data próxima non si decila xa aparte de que na foto non aparece, meu bisavó non acórdase ben. Ademais xa que era unha carretera transitada por os coches, puñan as barras que se baixaban manualmente cando viaxe ao tren vir, para que os coches parasen como se fai actualmente.

2º Premio: María Fernanda Fernández Gómez. IES de Valadares. (Vigo)

Esta outra foto foi tomada no ano 1966, na festa de Santana/Santa Ana (Beade/Vigo). Nela aparecen, de esquerda a dereita, a miña tía-avoa Carmen, a miña madriña Claudina, o burro Juanito. Enriba del está o meu tío-avó Fernando; dentro da cesta estaban os meus curmáns-segundos Pepiño e Margó e a miña tia-avoa Margarita. Detrás da miña tía-avoa Carmen está un home con camisa branca e sorrindo, chamado Juan, que é un veciño de Beade. Despois, na outra esquina, detrás da miña tía-avoa Margarita encóntrase un home cun xornal na man que se chama Aniceto, o carteiro. Naqueles tempos o pan repartíase ou ben cunha cesta na cabeza ou cun burro. Nesta foto viñan de facer o reparto e pasáronse pola Festa de Santana, co burro Juanito. Naquel tempo existía o Racionamento e a miña tataravoa sempre tentaba non deixar sen comer a ninguén; cando alguén pasábase da súa ración ela sacaba o seu carácter, por iso algunhas persoas dicían que era mala. Contan unha anécdota que un día no repartimento de racións un home tentou levar outro cacho de pan que non lle pertencía e ela mirouno e colleu unha palangana con mexo e botoulla por riba. Non por casualidade o seu alcume era A CABRA.

3º Premio: Ana Romero Rodríguez. IES Terra de Turonio. (Gondomar)

Ésta imaxe foi feita nas festas patronais de San Cibrán, nela está, a miña avoa, que tiña 1 ano e medio, os seus tíos que viñan de Uruguay, os seus avos, os seus pais, o seus irmán, os seus avos de Belesar, os otros tío que tamén eran de Belesar e as outras tías. A verdadeira historia desta foto é, que o primeiro barco que chegou a Vigo despois da Guerra Civil, viña de Uruguay e traía a os tíos da miña avoa. Os cales non se coñecían. Esperaban no embarcadoiro moi nervosos porque o barco non chegaba ata o muelle. Para identificarse gritaron o seu apelido –Misa- . O encontro foi inenarrable. Viñeron en coche ata Gondomar pero dende Gondomar ata San Cibrán tiveron que subir andando. A tía da miña avoa chegou sen tacos a casa. Pero o peor de todo non foi iso. Senon cando pediu para para ir ao baño, indicaronlle a corte. Pero enseguida se lle pasou o decaimento, porque foron festexar as festas patronais, e encontrarse co resto a familia.

Accesits:

Lucía Fernández Pérez IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

Voda por poderes. Esta fotografía recolle a voda por poderes, na cal o meu avó, Ricardo Fernández, ocupou o lugar do noivo da súa irmá, Amparo Fernández, xa que este se atopaba emigrado no Brasil. A voda tivo lugar no ano 1960, na casa dos pais do meu avó, en Parderrubias, Salceda de Caselas (Pontevedra). Os noivos ían vestidos de cores escuras e os convidados aproveitaban a ocasión para vestir con roupa elegante. Na imaxe pode observarse a miña tía Alicia, situada na marxe esquerda, cun vestido e unhas coletas. A muller que está á súa esquerda é a miña avoa Dolores, que ten no colo ao meu tío Manuel. Persoalmente, penso que esta fotografía forma parte do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia posto que as vodas por poderes eran bastante habituais nesta comunidade debido á emigración.

Yashira Álvarez Ramírez . IES Pedras Rubias.(Salceda de Caselas)

As primeiras chispas Nesta fotografía inmortalízase cando en 1956 instalábase por primeira vez a luz eléctrica na Revolta, na parroquia de Parderrubias en Salceda de Caselas. Antes disto alumeaban con velas, luz de gas, de carburo… xa que non había ningún tipo de electricidade. Nela aparecen moitos homes entre os que está o meu bisavó, Servando Cabaleiro Pérez, quen pertencía á directiva. Tamén está Antonio Estévez máis coñecido como o Xurelo. E outro dos homes é Salvador González chamado o Pisco, moi recoñecido nesta parroquia. A directiva solicitou cables eléctricos, permisos, levaron a cabo toda a instalación… para así conseguir a luz na pequena parroquia de Parderrubias. E dende aquel día, dende aquel 1965 nas nosas casas podemos gozar da luz eléctrica que anos atrás instalaron os nosos antepasados.

Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido: CEIP San Ramón de Moeche

Vigo a 10 de setembro de 2018

Premendo aquí podedes ver ao completo a galería de imaxes recibidas: Participantes no II Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”

3 Comentarios

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here