Obradoiros de radio de PNO! para escolas e institutos


*Aquí podes ver exemplos de obradoiros anteriores: Blog dos obradoiros

Ponte en contacto coa asociación no enderezo: pontenasondas@pontenasondas.org

A través dunha sesión que se desenvolverá de xeito presencial ou por videoconferencia para aquelas escolas que, por mor da pandemia na que estamos inmersos, elixan esta modalidade. Usando a plataforma Webex, que permite a docencia remota ao tempo que posibilita a interacción práctica co alumnado, propomos a realización dun obradoiro dinámico, entretido e didacticamente útil.

Tanto no obradoiro presencial como no realizado enliña, traballamos os tres temas básicos que conforman a realidade do medio radio na actualidade:

Oralidade: dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.

Edición de son: utilizando o programa de distribución libre Audacity ensinarase a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.

Radio en directo: Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.

Ponte en contacto coa asociación no enderezo: pontenasondas@pontenasondas.org

Compartir

2 Comentarios

DEIXA UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here